Cervo, 22 de febreiro de 2013-A Concellería de Turismo deu a coñecer hoxe o número de establecementos de hostalería que participarán na XXII Festa do Ourizo que se celebra o próximo 9 de marzo en San Cibrao. En total serán 14 os bares e restaurantes da vila os que ofrezan os seus mellores pratos cociñados co ourizo como ingrediente principal. Cabe destacar que o nivel de participación nesta Festa de Interese Turístico Galego vense mantendo estable nos últimos anos, contando nesta ocasión cun local máis que na anterior edición.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Turismo, Begoña Alonso, e o edil de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto reuníronse esta mañá cos hostaleiros participantes para perfilar os últimos detalles da organización e para entregarlles os carteis que xa comezarán a ser distribuídos co obxectivo de promocionar a festa.
Uns establecementos de restauración que prepararán o equinodermo tanto nas súas formas máis habituais como con fórmulas innovadoras e orixinais e combinado con alimentos e ingredientes do máis dispares. Hai que ter en conta ademais que moitos dos locais decidiranse a participar no XII Concurso de Gastronomía, no que se valora a creatividade, o sabor ou a presentación entre outros criterios. O ano pasado http://ow.ly/hWQUM foron 6 os locais que concorreron cun total de 11 pratos (cada establecemento podía presentar un máximo de dous). Unha edición na que saíron gañadores a tapa “Ourizo e mar”, da Bodega, “Timbal de bacallau e ourizo”, do restaurante Buenavista, e “Ovo frito”, tamén da Bodega.
O ano pasado os locais serviron unhas 500 racións de ourizo procedente das augas da Mariña. Unha cifra que o Concello pretende incrementar coa programación de numerosos actos complementarios. “Este año habrá muchas novedades con el objetivo de darle un nuevo impulso a esta fiesta que nos permita seguir captando visitantes” explica Alonso. Un programa cunha forte vertente culinaria que se fará público nos próximos días e nas que o ourizo será o principal protagonista.





















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



