Desde Galiza Nova da Mariña amosan sorpresa e indignación ao escoitar as parabenizacións que desde Nueva Generaciones fan ao goberno do Estado en relación coas medidas para atallar o paro xuvenil. A organización xuvenil do BNG cre que “é unha falla de respecto que desde as mocidades do Partido Popular falen de éxito das políticas contra o desemprego xuvenil cando a situación é de tal gravidade que dos 166.800 empregos destruídos nestes catro anos, 149.100 estaban ocupados por menores de 35 anos e destes, máis de 77.164 optaron por emigrar neste período en busca dunha alternativa laboral que non atoparon en Galiza producíndose un incremento do paro de case un 123% desde o estoupido da crise entre os menores de 25 anos”.
O responsábel comarcal de Galiza Nova na Mariña, Senín González, explica que “malia ser a xeración máis formada da historia de Galiza, a xente moza non atopa traballo, polo que se ve na obriga de emigrar. Tal é así que, en 2012, 25.472 mozos e mozas de entre 20 e 34 anos abandonaron Galiza, 2.122 ao mes, preto de 70 cada día. Non van de vacacións, nin en busca de aventura -dixo- senón que emigran por necesidade.” Así, desde Galiza Nova denuncian “a imaxe bucólica que o PP pretende difundir sobre a emigración, de que é unha oportunidade para aprender idiomas, coñecer xente, outras culturas, etc. agachando a verdadeira realidade: é unha xeración perdida para o noso País que non retornará”.
Pero ademais, desde Galiza Nova califican de hipocresía a imaxe que pretende dar o Presidente provincial de Nuevas Generaciones de Lugo a respecto da mocidade e amósanse moi crític@s coas atitudes das xuventudes do PP. “Xa sabemos como actuan as mocidades do PP e como se preocupan por baixar o nivel de desemprego xuvenil. Vémolo claramente na foto publicada recentemente coa composición da última agrupación local constituída na Mariña: Nuevas Generaciones de Barreiros. Unha foto na que todas as persoas que toman parte da agrupación xuvenil popular teñen ou tiveron relación laboral co Concello de Barreiros. Un concello, ademais, que non se caracteriza pola súa selección de persoal ao abeiro dos principios de igualdade, mérito e capacidade; senón por unha clarísima “contratación dixital”. Esta parece ser a política de emprego xuvenil do Partido Popular: postos de traballo a cambio de carnet do PP ou viceversa”, conclúe o responsábel comarcal da formación xuvenil nacionalista.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



