DESENVOLVEMENTO LOCAL E MOCIDADE POÑEN EN MARCHA O PROGRAMA RIBADEO EMPRENDE PARA PROPICIAR A CULTURA EMPRENDEDORA NA MOCIDADE. AS ACTIVIDADES DO PRIMEIRO TRIMESTRE DESTE 2013 XA ESTÁN LISTAS.
Ribadeo, 6 de febreiro de 2013. As Concellarías de Desenvolvemento Local e Mocidade poñen en marcha o programa Ribadeo Emprende co obxectivo “de propociar a cultura emprendedora na mocidade”. As primeiras actividades desenvolveránse o día 22 de febreiro.
A edil de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez, dixo que “hoxe en día máis que nunca precisamos de xente que mobilice, colabore, aproveite recursos, reinvente unha nova realidade, que innove, cree novas fontes de traballo e para isto o Concello quere promover un clima capaz de crear as mellores condicións na mocidade para que se anime a emprender e o fagan o mellor posible e teñan unha maior garantía de éxito”.
A concelleira nacionalista indicou que “para emprender temos que contar coas mellores condicións, habilidades, coñecementos, temos que ser capaces de aproveitar recursos e potenciar o networking, impulsar a innovación e a creatividade. Por elo dentro de Ribadeo Emprende traballaremos: a creatividade e a innovación, a confianza e a motivación, a aprendizaxe a través da colaboración e a creación de alianzas, a formación e o coñecemento, todas elas características para propiciar un emprendemento con éxito. Tentaremos axudar á nosa mocidade a dar os recursos para reinvertar o noso arredor”.
Primeiro trimestre
Pecha Kucha. Este é un formato de presentación rápida, que se levará a cabo o 22 de febreiro na Casa da Xuventude, e no que se no que se presentarán iniciativas emprendedoras que aúnan creatividade e desenvolvemento do territorio. Van participar experiencias empresariais , a meirande parte de Ribadeo, coma: Tenda – Bar A Modiño, El Farero Audiovisual, Pizzería-Raxería Pizzbur, Hola Ola, Chocolates Moreno e Forestales Monra. Ana Martínez subliñou que “queremos desenvolver esta experiencia porque se conxugan 3 ingredientes importantes para propiciar o proceso de emprendemento: formación, encontro e motivación. Formación porque aprenderemos da experiencia dos emprendedor@s de Ribadeo que presentarán os seus casos, Encontro porque é unha reunión na que se abrirán as portas ao coñecemento mutuo entre as persoas e a crear posibles redes de traballo, e Motivación colectiva, que tanto precisamos e que a través de condensar nunha horas varias experiencias positivas, gañamos confianza en que podemos facelo”.
A seguinte actividade do primeiro trimestre deste 2013 será un debate aberto: Emprendemento Asumible, o 22 de marzo na Casa da Xuventude. A edil de Desenvolvemento Local dixo que “traeremos outras experiencias emprendedoras que nos axudarán a abordar directamente a cuestión do emprendemento e do autoemprego na mocidade e que se poida falar das partes boas e malas do termos; das dificultades que existen, pero tamén da motivación e do empoderamento cidadán que pode provocar unha corrente emprendodra, nao que a través das experiencias doutr@s emprendedores, aprenderemos sobre a actitude, a creatividade e a innovación, entre outras cousas”.
E para o 22 de abril está previsto un Obradoiro de innovación social. “Tentaremos neste caso sembrar motivación e alternativas para o futuro inmediato da mocidade, a través da descuberta activa de experiencias actuáis en todo o mundo aorredor da emancipación social, cultural e económicas dos mozos/as”.
Unha aposta polo talento e a innovación
Pola súa banda o concelleiro de Mocidade manifestou que “desde a área de Mocidade nós participamos neste Ribadeo Emprende convencidos de que lonxe do que se está a facer hoxe en día, que é unha aposta pola austeridade e polos recortes como única receita fronte á crise, o que é conveniente é apostar polo talento, pola innovación e pola formación das persoas. Eu creo que só a partir deses tres eixes poderemos empezar a construír unha economía nova e diferente. Nese sentido nós estamos convencidos de que este programa, Ribadeo Emprende, vai ser positivo, pode aportar cousas á mocidade de Ribadeo, pero tamén somos conscientes dos condicionamentos que ten calquera tipo de desenvolvemento local e de creación de emprego no ámbito local”. Xavier Campos considera que “sería ilusorio pensar que unicamente desde o Concello é posible resolver os problemas de desemprego ou a situación económica xeral. É evidente que son moito máis amplos e que non está nas nosas mans resolver unha situación que a nivel xeral se está evidenciando como terrible e dramática en moitos casos. Os datos económicos, a recesión e o crecemento do desemprego están aí e nós pensamos que teñen causa nas políticas que emanan desde Bruxelas e que están sendo impostas e desenvolvidas, tanto en España como en Galicia, polo Partido Popular”.
O edil de Mocidade subliñou que “nós somos ambiciosos, porque pensamos que hai cousas que se poden facer e este Ribadeo Emprende é unha das cousas que pensamos que hai que facer nese camiño, pero tamén somos conscientes das nosas limitacións e polo tanto non queremos tampouco crear unhas expectativas que non sexan realistas. Pensamos que son actividades que van ser positivas porque van axudar a potenciar ou animar a desenvolver as capacidades da xente nova e non tan nova tamén, nalgúns casos, de Ribadeo”.
Ana Martínez e Xavier Campos amosaron “a nosa mutua alegría por desenvolver un programa conxunto orientado neste caso ao ámbito do emprego. Vai ser unha das primeiras colaboracións, pero haberá máis entre as dúas áreas, de Desenvolvemento Local e Mocidade, porque estamos convencidos de que esta é a maneira na que temos que traballar desde o Concello de Ribadeo”.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



