A Plataforma de Afectados Preferentes e Subordinadas da Mariña coa colaboración da Unión de Consumidores de Galicia convoca unha reunión informativa para esta vindeira fin de semana. Será o sábado 16 de febreiro ás 18:00 horas na Casa da Cultura do Valadouro (no salón de actos). Na xornada intervirán Miguel López Crespo e Félix Caramés da UCGAL. Algúns dos temas a tratar serán o contexto actual da problemática das preferentes e subordinadas a curto prazo, o proceso de quita e o proceso de canxe, a vía arbitral ou a vía xudicial, así como tamén do beneficio da xustiza gratuíta.
Reunión informativa sobre as preferentes en O Valadouro
Reunión informativa sobre as preferentes en O Valadouro
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón