O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acollerá o vindeiro día 21 de marzo, a partires das 9:30 horas, a xornada informativa gratuíta Compra Pública Responsable de Produtos do Monte, especialmente dirixida a técnicos e responsables de medio ambiente e contratación da administración pública, así como a proveedores, ONG’s e outros profesionais vinculados á compra sostible de madeira e produtos do monte. Nesta xornada, enmarcada nas accións do proxecto Madera Justa en Acción, abordarase a chamada “compra responsable”, consistente na adquisición de madeira e derivados por parte dos organismos públicos atendendo a criterios ambientais e sociais. Esta práctica, segundo os expertos, reporta importantes beneficios tanto para as propias administracións coma para o medioambiente ou o emprego e economía da zona rural.
As administracións públicas empregan madeira principalmente en mobiliario de oficina, mobiliario urbano, como material de construción, produtos de uso enerxético –sistemas de calefacción de biomasa ou pellets-, ou ben en caixas e embalaxes varios. Así pois, son “compradores en grandes cantidades” de madeira e derivados, podendo exercer un importante factor de incentivación das empresas dos sectores forestal e madeireiro a adoptar boas prácticas na súa produción, con respecto a factores coma a inserción sociolaboral, a igualdade de xénero ou a integración con persoas con discapacidade, así como a produción sostible e respectousa co medio.
Así pois, a consolidación dun sistema de compra pública responsables de madeira reporta grandes beneficios non só dende o punto de vista medioambiental, senón tamén dende o punto de vista social. Estas políticas de compra responsables contribúen ó mantemento das masas forestais, que inciden directamente no ciclo da auga ou na protección do solo, ó tempo que o consumo de madeira de orixe sostible contribúe ó desenvolvemento social e económico das zonas rurais, mellorando a calidade de vida das persoas que viven preto do medio forestal.
Contido da xornada
Os técnicos participantes abordarán temas coma o marco legal xa establecido pola normativa internacional (Plan de Aplicación da Cumbre Mundial sobre Desenvolvemento Sostible de 2002); a normativa da Unión Europea, a través das directivas de contratación pública como a 2004/18/EC, que consolida e complementa o contexto xurídico da compra responsable; e a normativa estatal, a través da lexislación que regula a contratación pública.
Neste senso, analizarán aspectos coma o xeito máis adecuado de incorporar criterios de valoración na contratación pública de madeira e derivados de acordo con dita lexislación, coma o de valorar con maior puntuación a madeira que conte con certificacións de calidade e sostenibilidade.
Durante a xornada presentarase a Guía de Compra de madeira sostible, manual que ofrece as claves para os responsables de compra pública, que permitirá ás administracións públicas saber se a madeira e derivados que adquiren respectan os criterios fundamentais de produción sostible.
Datos económicos
A provincia de Lugo aporta o 35% dos máis de 2 millóns de hectáreas da superficie forestal de Galicia, un dos principais produtores de madeira. Ademais, a transformación da madeira é a segunda actividade industrial da provincia de Lugo, figurando como unha das tres primeiras actividades xeradoras de emprego nas zonas rurais. Mesmo en casos coma o da Mariña lucense, o sector da madeira supón máis do 25% do emprego non agrario, concentrando o 30% das empresas lucenses dedicadas ó sector da madeira.
Destes 2 millóns de hectáreas de superficie forestal, tan só 130.000 delas contan con certificación de xestión forestal sostible. Tendo en conta que hoxe en día o sector forestal de transformación da madeira xera un volume de negocio anual duns 2.182 millóns de euros (o que supón o 3,5% do PIB de Galicia), dos que 100 millóns son rendas directas para os propietarios, o feito de que, segundo os datos de mercado tanto a madeira certificada coma os seus derivados acadan prezos ata un 20% máis altos que os produtos madereiros non certificados, as políticas encamiñadas á concienciación e consecución de certificados de sostenibilidade son unha perfecta ferramenta para impulsar a economía do rural
Máis información e inscricións en www.deputacionlugo.org
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



