A Xunta de Persoal do Hospital da Costa convoca unha concentración de traballadoras e traballadores, aberta a usuarias e usuarios e ó pobo da Mariña en xeral, para mostrar o noso enérxico rexeitamento ao Decreto de Xestión Integrada Provincial, para dicir que “non queremos depender de Lugo” e esixir ó presidente da Xunta que rectifique.
A concentración terá lugar este martes día 12 ás doce do mediodía diante do Hospital da Costa.
Resposta
Ante o comunicado emitido o sábado 9 de marzo por parte do Partido Popular de Lugo , afirmando que agora non só van ampliar o Hospital da Costa senón que van a crear as unidades de Oncoloxía e Cirurxía Vascular esta Xunta de Persoal da Área da Mariña está gratamente sorprendida e sería estupendo que isto fose unha realidade, o que pasa é que logo de tantas promesas incumpridas volvémonos algo desconfiados.
Si as promesas anteriores dicíamos que eran mentiras, estas novas ocorrencias coas que espertamos lendo a prensa van moito máis alá, estas novas declaración son auténticas barbaridades e unha falla de respecto á cidadanía.
Nun hospital que carece de espazo, cunhas urxencias e demais servizos saturados, onde o sitio físico para por a resonancia magnética é un camión, onde as consultas atópanse en barracóns, van e dinnos agora que van a por unha Unidade de Quimioterapia e unha Unidade de Cirurxía Vascular, iso é como se dicimos que no noso piso de 70 m2 imos por unha pista de tenis e unha piscina olímpica.
Crear una Unidade de Quimioterapia suporía:
– A creación dun Hospital de día Oncolóxico para ofrecer coidados especializados e administración de tratamentos de quimioterapia sen necesidade de estar ingresado.
– A creación dun equipo especializado no tratamento do cancro: persoal de enfermaría, auxiliares de enfermaría, oncólogos de consultas e un oncólogo de garda dispoñible ante calquera urxencia.
– A coordinación e ampliación doutros servizos como Laboratorio e Farmacia.
– A creación dun espazo adaptado aberto e amplo con camas e cadeiras de brazos dependendo do tipo de paciente e o tratamento a administrar.
É dicir, unha Unidade de Quimioterapia no Hospital da Costa suporía dispoñer de máis espazo, de polo menos dous oncólogos, de máis persoal de enfermaría, de máis auxiliares de enfermería, de máis persoal no servizo de laboratorio, dunha ampliación física do Servizo de Farmacia para dar cabida á instalación de cabinas de fluxo laminar e persoal especializado e formado na preparación dos tratamentos quimioterápicos. Resumindo máis gasto, máis investimento, máis persoal, ampliacións da farmacia, é dicir, todo o contrario do que veñen facendo neste últimos anos, recortar e recortar. Non esquezamos que nos orzamentos para este ano do noso Hospital só están asinados 50.000 euros para obras e melloras, recortan 2 millóns de euros en gastos correntes e destinan un 42% menos para contratación de persoal.
Oxalá un Hospital de Día de Oncoloxía no Hospital da Costa chegase a ser unha realidade, pero as políticas de austeridade e recortes sanitarios demostran que iso no vai a ser así.
Comezaremos a crer estas promesas cando cumpran as pendentes, as que reiteradamente levan repetindo dende fai catro anos:
-CUMPRAN a promesa que o noso hospital non vai perder nunca a súa autonomía e que imos ter unha Xerencia Integrada propia da Mariña.
-CUMPRAN a promesa de que van ampliar este Hospital poñendo enriba da mesa os cartos necesarios para elo, que de discursos fáciles e populistas na prensa xa estamos fartos.
Rematamos novamente coas verbas do Xerente deste hospital, José Insua: “QUEDARÁN MARCADOS OS QUE NON DEFENDAN Á ÁREA PROPIA DA MARIÑA”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



