Ribadeo, 16 de abril de 2013. O concelleiro de Consumo, Horacio Cupeiro, asegura que a charla sobre as preferentes do pasado venres foi organizada polo Concello e non polo BNG. Deste xeito resposta ás críticas vertidas nas últimas horas pola portavoz da plataforma de afectados polas preferentes e as subordinadas na Mariña. Cupeiro subliña que “o máis importante é a unidade de todos na busca de solucións e esquecerse de protagonismos persoais”.
Cupeiro dicía esta mañá que “ante as declaracións feitas nos medios de comunicación onte pola portavoz da Mariña desta plataforma de afectados en canto á invitación ao acto celebrado en Ribadeo polo tema das preferentes quero dicirlle que se non se invitou non foi por nada, senón que foi porque nunha conversa telefónica me dixo a min persoalmente que ela estaba desactivada, que só acudían ás súas reunións 8 ou 9 persoas”. E subliñou que “coma concelleiro organizador do acto quero dicir que non foi organizado, como ela di, polo Bloque senón que foi polo propio Concello a través da Delegación de Consumo que eu levo. Desde logo non me parece ben que ande dicindo a quen a chama por teléfono que ela non veu porque era un acto organizado polo BNG. Como acabo de dicir, non é certo porque foi organizado polo Concello. E isto que lle dixen si que o podo demostrar”.
O edil nacionalista explicou que “en canto ao que di ela que orientou á xente para ir ao arbitraxe, paréceme moi ben, ela ten a súa postura, terá os seus coñecementos para poder orientar á xente. Eu desde logo isto non llo vou dicir a ningún preferentista porque eu teño as miñas dúbidas. Aínda que houbo e hai determinados casos que si era bo orientalos nese sentido porque ou ben non firmaron o documento ou o fixo alguén cunha firma falsa ou ben non estaban en plena capacidade para poder firmar naquel momento”.
Horacio Cupeiro considera que “debemos estar todos unidos buscando o beneficio de todos os cidadáns que somos afectados e esquecerse de ningún tipo de protagonismo persoal. Eu desde logo non quero ningún tipo de protagonismo, o que quero é, e así estamos traballando desde o Concello e dentro de pouco tempo orientaremos á xente sobre cales son as medidas que vamos levar a cabo. O acto que fixemos non foi máis que unha toma de contacto para ver como podemos resolver ou intentar forzar para que isto se resolva devolvéndonos todos os cartos que temos aí depositados. Non temos por que ter ningún tipo de quita dado que fomos estafados. Reitero e volvo dicir o mesmo e que todos debemos estar unidos na loita para conseguir un final feliz”.
Grupo municipal do PP
O concelleiro de Consumo tamén aludiu ás declaracións do grupo municipal do PP en Ribadeo “que sacou onte, onde foi unha serie de comentarios de escrache institucional. Eu quero dicir desde o Concello que non vemos ben que se faga ningún tipo de presión para facer cambiar de opinión a ninguén, xa que no único no que nosoutros creemos é na palabra para convencer, como levamos demostrando desde fai varios anos. Eu non detectei na xuntanza ningunha invitación para facer ou para orientar a ninguén a que fixera escrache, pero se eles o entenderon así desde logo non me queda outra, e ademais fágoo de corazón, que pedirlles desculpas”.
Cupeiro indicou que “o motivo de invitar a Xulio Vicente única e exclusivamente foi porque se entende que isto foi unha estafa e que o poder político se decate de que os cidadáns estamos acovardados e sen ningún tipo de reacción dado o medo que temos metido no corpo. Isto foi o motivo de traelo, non para armar liorta. E así pasou, non houbo ningunha liorta. E se a houbera, eles estiveron alí, eu mesmo o teríao corrixido”. E engadiu “din que se fixeron unha serie de comentarios en contra de Rajoy, de Feijóo e do PP, pero é que tamén o fixeron sobre o PSOE. E é lóxico que se faga porque son os nosos representantes públicos, son os que realmente teñen que defendernos porque para iso os puxemos nos cargos e son os que tiveron as responsabilidades. ¿Como non se lles van pedir responsabilidades? ¿Entón que vamos dicir, que o fixeron ben? Pois non. Cando o poder político non é capaz de controlar ao poder económico o sistema está abocado ao fracaso e o político que non é capaz de loitar por estar por encima do poder económico o que ten que facer é irse do poder, porque senón están traizoando a quen o votou. E dígoo para todos os partidos: non o digo nin para o PP, nin para o PSOE nin para o Bloque. Calquera que non sexa capaz de controlar o sistema que se vaia para a casa, porque se estamos onde estamos é por falta de control do poder político, por non ser esixente co poder económico”.
O edil nacionalista manifestou que “se realmente eles fosen acosados cómo non o puxeron de manifesto, se estaban alí no propio acto. Sería que non estaban tan acosados, porque desde logo eu iso non o sentín, nin a xente dixo absolutamente nada e viron que estaban alí presentes. Agora se queremos facer demagoxia e porque houbera un acto deste tipo e eles sexan os que están gobernando agora e son os teñen que dar o paso ao fronte para resolver este problema se lles parece mal será problema deles. Pero desde logo son persoas nas que teño completa confianza e teño boa relación coa xente do PP non entendo este tipo de declaracións porque iso si que é facer demagoxia e facer política. Din tamén que dous representantes do Bloque permitiron este esperpento e que resulta inmoral e eu digo que inmoral presuntamente é irse de vacacións polo mundo adiante cos cartos dos nosos aforros na caixa de Galicia e inmoral e indecente é fundir un montón da pasta de todos os galegos no Gaiás e inmoral e indecente é utilizar a vida pública, e dígoo para calquera partido político, como trampolín para conseguir un traballo alí onde sexa”.

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



