Lugo 13 de abril de 2013.- A Deputación Provincial de Lugo suspende na dotación de novas tecnoloxías aos concellos e especialmente no funcionamento do seu programa estrela, o INNOVA-TE, financiado nun 70% con fondos europeos. Así o puxeron de manifesto dende o Grupo Provincial Popular tras realizar un sondeo entre diferentes concellos da provincia de Lugo. Este estudo reflicte que moitos municipios desaproban o funcionamento das actividades promovidas en torno ao INNOVA-TE, e aseguran que o seu nivel de satisfacción “é moi mellorable”.
Tanto é así que os populares fan referencia a críticas como incidencias continuadas no rexistro telemático, páxinas web sen modernizar, supresión de internet no rural e mesmo PDAs para a lectura de contadores de auga que nunca chegaron a funcionar.
Neste senso, os populares vénse na obriga de denunciar unha vez máis a discriminación partidista á hora de materializar este proxecto, ao asegurar que co cambio de goberno hai concellos que non volveron a ter constancia do INNOVA-TE pese a estar adheridos. Tanto é así que segundo explican os populares existen concellos nos que non acabaron de instalar o servizo de páxina web, mentres que houbo outros municipios que se viron obrigados a modernizar eles directamente o seu portal por non obter unha resposta dende a Deputación.
Desta forma, os populares denuncian que o pouco compromiso da Deputación Provincial de Lugo con algúns concellos da provincia a través do INNOVA-TE resúmese na simple instalación de pantallas de televisión nas entradas das Casas Consistoriais con información turística sobre a provincia de Lugo, chegando a non acenderse en algún caso.
Así, os populares lamentan a pésima xestión de fondos europeos por parte de José Ramón Gómez Besteiro e pregúntanse pola rendibilidade deste diñeiro, tendo en conta que soamente o INNOVA-TE 2 supón un orzamento de 15.972.000 euros.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



