Por segundo ano consecutivo, un integrante da Asociación Mariña Jazz accede ao Musikene (Centro Superior de Música do País Vasco) en Donostia-San Sebastián. O ano pasado foi o burelés Bruno Valle (trombón de jazz), e, este ano, o burelés Mario Arranz (contrabaixo de jazz). O Musikene está considerado como un dos mellores centros superiores de música de España, sobre todo na especialidade de jazz, debido ao seu prestixio e reputación.
Durante as probas de selección, Mario foi acompañado polos bureleses Bruno Valle (trombón), Israel Arranz (vibráfono) (tamén integrantes da Asociación Mariña Jazz) e o sevillano Aarón Castrillo (batería) na parte do exame de combo (onde se examina ao aspirante sobre o seu nivel para tocar en grupo e amosar as súas habilidades e dotes para exercer de “bandleader”, é dicir, liderar a agrupación).
Mario Arranz comeza os primeiros pasos no xénero do jazz da man do saxofonista Roberto Bouça e do vibrafonista Israel Arranz, preparándoo este último para as probas do Musikene. Durante a súa formación pasa pola “Burela Blues Band”, o centro compostelán de jazz e música moderna “Estudio, escola de música” e o “Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela”. Ademais, Mario Arranz é o baixista de “AMAJAZZ Big Band” e o grupo burelés de latin-jazz fussion “Marosa Jazz Project”, gañador do Premio do Público, a nivel de toda España, no “I Concurso de Maquetas Musicales Jazz Fussion 2011”. Ten actuado en varios e numerosos eventos musicais como o “VII Festival de Jazz de Vigo”, “I Festival de Jazz de Oleiros”, “Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela”…
Dende a Asociación Mariña Jazz queremos felicitar a Mario Arranz e transmitir publicamente, a todas e todos as veciñas e veciños da Mariña lucense, a nosa enorme satisfacción por esta nova, un feito máis que demostra o bo ambiente e nivel jazzístico e de música moderna que se está a vivir na comarca de A Mariña lucense, grazas, sobre todo, pola existencia de eventos como o Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela.
Na fotografía (de esq. a der.): Mario Arranz, Bruno Valle e Israel Arranz en Donostia-San Sebastián, tras saír do examen de combo de Mario.




















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



