O Burela FS Pescados Rubén defenderá este sábado o coliderado, en lide co Atlético de Madrid, coa visita do pechacancelas, o novel Associació Esportiva Vallirana. A sexta xornada de Primeira División RFEF arrancará ás 18.30 horas.
O Vallirana chega á Mariña como farol vermello con tres puntos, empatado con Valdetires e Lacturale Orvina; precisamente foi fronte ás ferrolás, na terceira xornada, cando se fixo cos tres puntos (3-2). Dende entón encadea as derrotas ante Cidade das Burgas (4-1) e UA Alicante (2-6).
“É un rival ao que lle está custando a adaptación, pero traballa ben, con pundonor e dispón dunha contra rápida” reflexionaba o técnico burelista, Quico Otero, marcando as pautas adecuadas para as súas pupilas: “Debemos ter a concentración necesaria para manternos nesta dinámica, que é a correcta, traballando con humildade, crendo no sistema e gañando confianza para intentar ir mellorando partido a partido” sentenciaba o adestrador.
Quico Otero cumprirá o segundo dos tres partidos cos que foi sancionado en Alicante. O banco laranxa disporá de todos os efectivos na convocatoria de mañá.
Galicia Sub-23
O seleccionador Manuel Castillo reclamou a presenza de Lara, Paula e Silvia para comezar a preparación do Nacional; a primeira sesión será o vindeiro martes, 29 de outubro, no pavillón compostelán de Pontepedriña, ás 21.00 horas. Completan esta lista inicial Adriana Rodríguez, Raquel Rodríguez e Sara Vázquez, do Leis Pontevedra FS; Alejandra de Paz e Diana Díaz, de Valdetires Ferrol FS; Belén Feal e Irene Caneiro, da Fervenza FSF; Eva Lema, de Fisober FSF; Ana María Fragueiro, Claudia Martínez, María Carmen Pérez e Mar Fernández, do Poio FSF; Ana Rivera e Dana Campelo, do Ponte Ourense; Ana López, Vanesa Sotelo e María Arias, do Cidade das Burgas; e Cruz Sánchez, do Viaxes Amarelle.
*Foto: A Caixa Escura Producións




















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
