RIOTORTO, 25 de outubro de 2013.- “Riotorto perde definitivamente a residencia para persoas maiores e dependentes á que renunciou o alcalde”, así o denuncian este venres desde o Partido Popular local tras coñecerse a decisión da Xunta de Goberno da Deputación de Lugo de destinar os recursos comprometidos para o centro de benestar en Riotorto ao veciño municipio de Ribadeo.
Os populares temían que acontecera esta situación da que alertaron en múltiples ocasións no pasado e sinalan como máximo responsable desta perda ao alcalde, o nacionalista Federico Gutiérrez Estoa “que, tan dado a dar leccións no ámbito social, á hora da verdade antepon os intereses partidistas do BNG ás necesidades do seus veciños”.
“Os nosos veciños non se poden permitir o luxo de perder esta infraestrutura tan demandada e necesaria para o noso municipio e moito menos facelo porque así lle interesa ao BNG. O Goberno local e a Deputación non poden atropellar deste xeito a este concello e teñen a obriga de facer o que comprometeu”- insisten desde o Partido Popular.
Os populares lembran que a renuncia do alcalde supón botar a perder un investimento na localidade de 1.400.000 euros, para unha poboación cun amplo número de persoas maiores, así como a consecuente creación de postos de traballo
NON É EXEMPLO
Tendo en conta a mala xestión protagonizada polo alcalde e a súa incapacidade para xestionar os intereses municipais os populares dúbidan que Gutiérrez Estoa poida ser exemplo de nada fóra: que non pretenda liderar ningún proxecto fóra cando non é capaz de estar á altura no seu concello, nin conseguir a residencia coa que se comprometeu cos seus veciños
RENUNCIA DO ALCALDE
Ata en dúas ocasións Gutiérrez Estoa renunciou á residencia que debería construir a Deputación en Riotorto: cando desistiu do investimento e cando decidiu negarse a rectificar esta decisión a pesar da petición formal dos populares que convocaron un pleno extraordinario con este obxecto.
Todo iso a pesar de que en 2011, o propio pleno municipal ratificaba o expediente para a compra da parcela onde se asentaría a residencia e solicitaba un crédito bancario para tal fin, un endebedamento hoxe inútil.
Unha segunda ocasión foi a sesión plenaria extraordinaria cando, insisten desde o PP, quedou patente que o BNG non quere a residencia nin o centro de día en Riotorto, pese a haber un dotación nos orzamentos da Deputación Provincial de Lugo para construír esta infraestrutura na localidade.
Os populares finalizan cualificando o acontecido como a historia dunha gran mentira protagonizada polas incongruencias do alcalde, que daba un paso adiante e tres cara atrás e por cuxa incompetencia e falta de iniciativa política Riotorto perde definitivamente a súa residencia.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



