O Concello de Xove, a través da súa Concellería de Deportes, pon en marcha unha nova tempada de bolos. O sábado 5 de outubro no Centro Social de Lago, vai comezar unha nova edición, a XXVª, da Tirada de Bolos Concello de Xove, que no caso da Liga Sub 18 será a XIVª Tempada e a Vª da Liga Feminina.
Para ir preparando esta nova edición dun dos torneos de deporte popular máis antigos de Galicia, fai uns días tivemos unhas Xornadas de Promoción dos Bolos para tódolos alumnos/as do IES Illa de Sarón, celebradas os días 30 de setembro e 1 de outubro, polas cales pasaron tódolos alumnos-as do IES.
A competición prevista para este ano vai ser moi similar á da pasada tempada, xa que non se modificou ningunha norma. O sistema de puntuación, clasificación, etc. é o mesmo da pasada edición.
O calendario para esta XXVª edición é o seguinte:
2013
SÁBADO, 5 DE OUTUBRO.- CENTRO SOCIAL DE LAGO.
SABADO, 12 DE OUTUBRO.- CLUB DE PALMEIRO EN A RIGUEIRA.
SÁBADO, 19 DE OUTUBRO- CENTRO SOCIAL DE PENASAGUDAS EN MONTE.
SÁBADO, 26 DE OUTUBRO.- CAMPO MUNICIPAL DE FUTBOL DE XOVE.
SÁBADO, 2 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO EN XUANCES.
SÁBADO, 9 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE A VARA EN XUANCES.
SÁBADO, 16 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ EN PORTOCELO.
SÁBADO, 23 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE MORÁS.
SÁBADO, 30 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE SUMOAS.
SABADO, 14 DE DECEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE LAGO
2014
SÁBADO, 11 DE XANEIRO.- CLUB DE PALMEIRO EN A RIGUEIRA.
SÁBADO, 18 DE XANEIRO.- CENTRO SOCIAL DE PENASAGUDAS-MONTE
SÁBADO, 25 DE XANEIRO.- CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE.
SÁBADO, 1 DE FEBREIRO.- CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO EN XUANCES.
SÁBADO, 8 DE FEBREIRO.- CENTRO SOCIAL DE A VARA EN XUANCES.
SÁBADO, 15 DE FEBREIRO.- CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ.
SÁBADO, 22 DE FEBREIRO .- CENTRO SOCIAL DE MORÁS.
Sábado 1 de marzo: Sábado de Antroido
SÁBADO, 8 DE MARZO.- CENTRO SOCIAL DE SUMOAS. REMATE DA XXVª TIRADA DE BOLOS (XIVª TIRADA SUB 16 E Vª TIRADA FEMININA) COA ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
