A Mariña, 03 de outubro de 2013.- O Partido Popular de Lugo denuncia que o bipartito da Deputación Provincial, liderado por José Ramón Gómez Besteiro e Antón Veiga, adebeda aos concellos da Mariña máis de 1,8 millóns de euros do SAF Básico durante as anualidades 2012 e 2013.
Os populares explican que estas cifras son froito de que a administración provincial lucense está a incumprir a normativa vixente en materia social e de benestar e, moi en concreto, en relación co financiamento obrigado por lei dos servizos municipais de axuda no fogar, converténdose na única Deputación galega que desoe o actual precepto legal
Dende o Partido Popular lembran que o bipartito provincial chega ao absurdo de incumprir unha Lei -a 3/2008 de Servizos Sociais- que socialistas e nacionalistas aprobaron en 2008 durante a súa etapa de goberno na Xunta. Tanto esta lei como a normativa que a desenvolve (Decreto 99/2012) establecen a obriga de que as Deputacións acheguen os recursos suficientes para financiar nos concellos de menos de 20.000 habitantes o servizo de axuda no fogar básico (persoas dependentes) e a contratación de persoal distinto aos traballadores sociais.
Deste xeito, o bipartito provincial deixa sen cubrir o total do custe do SAF Básico, achegando meras contías económicas que os populares tachan de “calderilla” en función do que estarían obrigados a pagar por lei, e que non garanten este servizo na provincia.
Unha situación que repercute nas arcas municipais e nos usuarios pese a existir dispoñibilidade orzamentaria na Deputación de Lugo
Este incumprimento da Deputación Provincial de Lugo reflicte de forma negativa nos concellos da comarca que se ven na obriga de asumir con cargo aos seus orzamentos a contía económica que Gómez Besteiro e Antón Veiga se negan a sufragar aos municipios.
Tanto é así que este 1,8 millóns de euros tivo que ser achegado ou polo concello ou polos usuarios dado que, en algúns casos, esta pésima xestión do equipo de goberno provincial provocou o incremento das taxas a pagar polas veciños.
Os populares censuran estar ante uns nefastos xestores xa que aínda que existen recursos suficientes para financiar este servizo, non son capaces de investilos, ao deixar no 2011 máis de 140.211 euros sen executar na área de Benestar.
Gómez Besteiro prioriza a súa proxección pública a garantir o Benestar na provincia
Mentres desatende esta obrigación que lle vén imposta por lei, Gómez Besteiro e Antón Veiga si destinan inxentes cantidades de diñeiro para outras accións é o caso de gastos en propaganda ou en actos protocolarios.
Polo tanto, Gómez Besteiro e Veiga están obrigados por lei a sufragar o SAF Básico nos concellos de menos de 20.000 habitantes, dispoñen de diñeiro para facelo, pero prefiren deixar estas partidas sen executar ou investilas noutras áreas que permiten unha mellora na proxección pública do presidente socialista.
O actual presidente provincial destina 1,2 millóns de euros, -partida de propaganda e actos protocolarios-, a mellorar a súa imaxe a costa do diñeiro dos lucenses, mentres os máis necesitados se ven esquecidos por unha goberno provincial insensible que amosa non interesarlle nin os maiores, nin os dependentes.
Total que adebeda na comarca da Mariña:1.892.212,4 euros
| CONCELLO | Adebeda 2012 | Adebeda 2013 | Total |
| ALFOZ | 26.440,86 | 41.218,1 | 67.658,96 |
| BARREIROS | 28.488,19 | 87.215 | 115.703,19 |
| BURELA | 25.273,98 | 31.283,68 | 56.557,66 |
| CERVO | 40.719,92 | 31.200 | 71.919,92 |
| FOZ | 25.796,26 | 32.658,52 | 58.454,78 |
| LOURENZA | 9.148,22 | 38.460,62 | 47.608,84 |
| MONDOÑEDO | 39.391,6 | 80.801,45 | 120.193,05 |
| OUROL | 14.881,09 | 59.734,66 | 74.615,75 |
| PONTENOVA | 16.863,68 | 16.863,68 | |
| RIBADEO | 56.425 | 142.800,73 | 199.220,73 |
| RIOTORTO | 34.294,24 | 12.139 | 46433.24 |
| TRABADA | 23.395,12 | 57.339 | 80734,12 |
| VALADOURO | 26.870 | 56.650,45 | 83520,45 |
| VICEDO | 29.350,13 | 63.922,8 | 93.272,93 |
| VIVEIRO | 34.543 | 209.543 | 244.086 |
| XOVE | 294.702,86 | 220.666,24 | 515.369,1 |

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



