O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA continúa coa súa programación abrindo en Viveiro, durante a primeira quincena de decembro a exposición “Represaliados” do pintor Celso Dourado. Esta mostra pictórica “na lembranza do Comandante Moreno” estivo aberta anteriormente na localidade de Mondoñedo e chega agora a Viveiro onde será inaugurada o vindeiro sábado 30 de novembro, ás 19 horas na sala da Biblioteca Municipal, na Praza Maior. Participará neste acto inaugural, ademais do pintor mariñán, o músico Vadim Yukhnevich.
Inauguración ‘Represaliados’ en Viveiro
Inauguración ‘Represaliados’ en Viveiro
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia