Malasombra achega ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro o sábado 30 de novembro a obra ‘Misión sapiens. Sen evolución non hai revolución’ baixo a dirección de Marcos Orsi e José Luís Prieto. Luis Iglesia, Marcos Orsi, Xabier Deive, Jouse García e Xoque Carbajal poñen enrriba do escenario este “espectáculo de autoaxuda que en menos de dúas horas te transformará nun ser humano culto, educado e capaz de manter unha conversa sobre calquera tema sen quedar como un burro. Cinco grandes eruditos de diversos campos intentarán meter coñecementos dentro da túa cabeza, queiras ou non, polas boas ou polas malas. Coñecementos básicos de cultura xeral, comportamento e educación, música, libros, películas, deportes, viaxes.
Malasombra teatro no Pastor Díaz
Malasombra teatro no Pastor Díaz
Relacionado
-
A interiorista coruñesa Adriana Janeiro instalou recentemente o seu estudo en Ribadeo co obxectivo de atender a clientes de diferentes lugares de Galicia e Asturias
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigados a dous condutores sen permiso de conducir no termo de Lourenzá
-
Este venres comeza unha nova edición da Ruta de Pinchos do Vicedo