Ribadeo, 25 de febreiro de 2014. Os dous polideportivos municipais de Ribadeo acollerán este fin de semana, sábado 1 e domingo 2 de marzo, un torneo de minibasket en categorías masculina e feminina, organizado pola Federación Galega de Baloncesto e no que participarán as seleccións de Castela e León, Euskadi, Galicia e Madrid. Este é o primeiro evento que se celebrará no novo pavillón ribadense, que será inaugurado oficialmente este venres, día 28 de febreiro, ás 19:30 horas.
Na presentación do torneo, celebrada esta mañá no salón de sesións da Casa do Concello, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, destacou que o torneo desenvolverase “no marco incomparable dun novo pavillón que vai ser estreado con esta actividade. É unha instalación que deu moito traballo e moitos problemas pero que finalmente vai estar a disposición de novos, de vellos, de nenos e de nenas, en definitiva para todos os veciños de Ribadeo e tamén, como non, para os demais da comarca da Mariña que se queiran achegar a este centro de servizos que é Ribadeo, tamén con actividades con estas, de deporte base. Tamén nos parece un sector deportivo importante, dado que eventos que como este, que reúnen polo menos a cen rapaciños de Castela e León, de Euskadi, de Galicia e de Madrid, con seus respectivos pais, xerarán actividade na hostalaría durante este fin de semana a pesar de ser inverno, xa que estas cousas sempre veñen moi ben para dinamizar un pouquiño máis a economía local”.
Na importancia deste torneo de baloncesto para Ribadeo incidiu o concelleiro de Deportes, Vicente Castro, quen comentou tamén que “nun concello como o de Ribadeo, no que a liña deportiva principal, xira en torno ao deporte base non podía ser doutra maneira que o primeiro evento a desenvolver neste pavillón, que vamos inaugurar este venres, fóra un campionato de deporte base, neste caso baloncesto. Este goberno municipal sempre deu especial importancia a todo o deporte base e polo tanto á promoción, diversificación e apoio ás escolas deportivas municipais. Os resultados van chegando pouco a pouco: por un lado a nivel cuantitativo, co crecente número ano tras ano de cativos que participan, e por outro, no cualitativo, porque xa se empezan a ver os primeiros rapaces e rapazas que empezan a destacar”.
Na presentación participou tamén o director deportivo da Federación Galega de Baloncesto, Carlos Colinas, adestrador que é o seleccionador da historia do basket español que logrou máis medallas. Agradeceu ao Concello de Ribadeo e ao Club Baloncesto Ría de Ribadeo “por acoger un evento deportivo de formación con las connotaciones que tiene, en una categoría que es la iniciación a la práctica del baloncesto. Esto viene a dar sentido a la labor de captación y seguimiento que se hace desde la Federación Gallega a los niños de 7 y 8 años de toda Galicia, al trabajo que hacen los diferentes clubs en A Mariña lucense y en otros lugares como preparación para el campeonato de España de esta categoría que la selección gallega disputará durante la Semana Santa en Cádiz. Creo que el nivel del torneo es importante, aunque estemos hablando de edades prematuras”.
Carlos Colinas engadiu que “Ribadeo y toda la comarca van a vivir un evento muy interesante, rodeado de un seguimiento importante de padres y de entrenadores, que en estas categorías siempre están al lado de todos estos niños”.
O coordinador da Federación Galega de Baloncesto na Mariña, José Antonio Sama, explicou que “este ano creouse na Mariña unha zona de traballo nova dentro da Federación Galega de Baloncesto e entre os obxectivos que temos está a promoción do baloncesto base sobre todo”. Ademais destacou que é un evento “dos máis importantes a nivel de minibasket que ten lugar na nosa comunidade” e agradeceu “ao Concello de Ribadeo, que dende o primeiro momento abriu as portas á celebración deste torneo aquí, e ao Club Baloncesto Ría de Ribadeo, que puxo a disposición da Federación Galega os seus medios humanos para que este torneo saia o mellor posible”.
José Antonio Sama animou a toda a xente da Mariña a achegarse a Ribadeo pois “aínda que son moi pequenos, en idade, hai moitos que son grandes xogadores”.
O presidente do CB Ría de Ribadeo, Manuel Fernández, rematou a presentación do torneo agradecendo “ao Concello, á Federación, a Sama como coordinador, por traer para Ribadeo este evento. Esperamos que nos sirva para seguir mellorando e captando máis rapaces para o noso equipo de baloncesto, que segue crecendo”.




















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
