Vista Alegre gozará do XX Copa de España de Fútbol Sala Feminino durante este fin de semana, 7 e 8 de xuño, na que se reúnen os catro mellores equipos da Primeira División cun único obxectivo. Conquistar a Copa 2014. O sorteo deparou que o vixente campión e anfitrión, o Burela FS Pescados Rubén se enfronte ao actual campión de Liga, Atlético de Madrid Navalcarnero, mentres que o Universidade de Alacante medirá á AD Alcorcón FSF. Dúas semifinais de alto nivel que farán as delicias dos espectadores que acudan ao feudo laranxa. Emisión en directo por Internet. A competición pódese seguir vía streaming a través da web do Burela FS Pescados Rubén, www.burelafs.org , grazas á inestimable colaboración de Pasión Media Comunicación www.Pasionmc.com. Óscar Arcones, redactor da web Mundosala será o narrador e estará acompañado pola polifacética xornalista, Alba Adá, de Futsal Cope Radio. Víctor Durán, de Pasión Media Comunicación, sera o operador de cámara.
Coche Oficial da Copa de España
Peugeot será o vehículo oficial da Copa de España por xentileza de Peugeot Pomeda, taller con servizo oficial da marca na Mariña Lucense. Serafín Fraga Otero, xerente, e Vicente Fraga Otero, xefe de vendas fixeron entrega de 2 Peugeot 308, elixido mellor coche do ano 2014, á organización para o seu uso durante a Copa de España.
Entradas Copa de España. Venda no pavillón Vista Alegre de Burela a partir das 15.30 horas. Bono para os tres partidos: Infantil (0-16 anos): 3 euros Adulto ( 16 anos): 10 euros. Entrada para a final: 5 euros. Medalla de Ouro. O Concello de Burela impoñerá a Medalla de Ouro do Concello ao Burela FS Pescados Rubén polos méritos deportivos logrados durante a tempada 2012/2014, en especial pola consecución do histórico doblete de Liga e Copa do equipo feminino. O acto celébrase mañá sábado día 7, ás 12.30 horas, no Auditorio Municipal de Burela.
Fútbol Sala na rúa
Na praza da Mariña, á beira da Casa da Cultura de Burela, desenvolveranse diferentes actividades relacionadas co Fútbol Sala , fútbol 3×3, portería hinchable, futbolín, etc…
Competición
Os horarios de competición son os seguintes:
Sábado 7 de xuño
Semifinal 1: AD Alcorcón FSF – CD Universidade de Alacante
Hora: 16.30 Pabellón: Vista Alegre de Burela
Semifinal 2: Burela Pescados Rubén – Atlético de Madrid Navalcarnero
Hora: 18.30 Pabellón: Vista Alegre de Burela
Domingo 8 de xuño
Final: Ganador semifinal 1 – Ganador semifinal 2
Hora: 12.00 Pabellón: Vista Alegre de Burela






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
