A Mariña, 27 de agosto de 2014.- Desde o BNG condenan, unha vez máis, os casos de violencia machista que se rexistraron no noso país nos últimos días. Ao asasinato dunha muller en Barro hai dous días, hai que sumar hoxe a muller ferida en Chantada con un disparo na cabeza a mans da súa parella. Desde o BNG envían o seu apoio á familia das vítimas e desexan a recuperación da muller ferida en Chantada, á vez que piden contundencia á hora de condenar estas actuacións e solicitan medidas de loita contra a violencia machista que vaian máis aló de condolencias e actos simbólicos.
A responsable comarcal nacionalista, Ana Ermida, asegura que “ten que ser unha prioridade política acabar con esta lacra que sega cada ano ducias de vidas de mulleres polo feito de selo. Á vista está que o continuo recorte nos servizos que se ofrecen ás vítimas e as chamadas á denuncia non funcionan, xa que as mulleres están cada día máis desprotexidas. É preciso unha política integral que faga fronte á discriminación contra as mulleres que ten a súa cara máis dramática nos asasinatos machistas.”
Para a formación frontista, “máis aló das mostras de rexeitamento que poida haber en situacións concretas, os poderes públicos deben combater cos medios adecuados a violencia machista; incrementando os recursos materiais e persoais na loita contra a violencia e promovendo a coeducación e a discriminación da vida pública para tentar unha sociedade sen violencia e en igualdade entre homes e mulleres.”
Concentración o sábado 30, ás 12:00h, na Praza dos Campos en San Cibrao
O BNG chama novamente á sociedade mariñá a amosar o seu rexeitamento á violencia machista nun acto que terá lugar o sábado, ás 12h, na Praza dos Campos en San Cibrao.
“A comarca da Mariña xa ten amosado noutras ocasións que responde con contundencia ante casos deste tipo que, neste ano, tamén se deron na nosa comarca segando a vida de tres mulleres”, aseguran desde o BNG. Precisamente, o feito de que a convocatoria se faga no concello de Cervo, resposta á intención de recordar ás dúas mulleres que foron asasinadas nese concello, ao igual que se fixera na anterior ocasión no concello de Foz.
A xeito simbólico durante a concentración o BNG desenvolverá unha actuación no recordo das mulleres asasinadas en Galiza no que vai de ano.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



