O PSOE de Lourenzá critica as formas nas que o PP de Lourenzá compareceu para dar explicacións da delicada situación que rodea ao Pazo de Tovar.
A portavoz socialista, Rocío López, lamenta non poder asistir a esa rolda de prensa posto que ningún partido político da oposición foi convocado. “É vergoñento que o Sr.Vidal e a Sra. alcaldesa Enma Álvarez, comparezan ás costas dá oposición e de tódolos veciños de Lourenzá” afirma.
López engade que “esta forma de actuar reforza unha vez máis a pouca intención que ten ou equipo de goberno de encararse aos cidadáns de Lourenzá e explicarlles a delicada situación que xira en torno ó Pazo de Tovar”.
O PSOE de Lourenzá afirma que este é un claro exemplo do carácter manipulador e antitransparente deste equipo de goberno. Rocío López afirma que “o único que buscan con este tipo de actuacións é terxiversar e manipular a información que transmiten aos medios de comunicación para sementar de novo a dúbida entre os veciños de Lourenzá, intentando buscar responsables, mentras eles ganan tempo”.
O PSOE de Lourenzá afirma que o Sr.Vidal e a Sra. Emma Álvarez están xogando ao despiste con todos os seus veciños evitando dar explicacións cara a cara e e desviando as súas declaracións para tapar a verdadeira problemática que xira en torno ao Pazo de Tovar”.