A vida é como unha lata de sardiñas e todos estamos buscando o abrelatas pero como estamos dentro da lata nadie o encontra, o abrelatas esta fora.
De verdade seguen dicindo que estamos en recuperación? . Levamos varios meses escoitando aos políticos do PP repetir a propaganda de que o país está en recuperación. Levamos moito tempo (tanto como o que dura a crise) escoitando toda clase de escusas ao político de turno para xustificar a súa incompetencia e o desastre cada vez maior que estamos sufrindo, e cando a realidade zoscalles na faciana, adícanse a facer o ridículo unha e outra vez con declaracións esperpénticas.
Ahora que estar a remexer no Congreso e o Senado os presupostos para 2015 asistimos a unha colección de declaracións dos principais representantes do goberno central dicindo que 2015 sería o último ano de crise e que en 2016 sairemos á flote.
Resulta curiosos como en moitas ocasións as cousas repítense cando a xente esquece o que sucedeu, posto que en 2008 comentouse exactamente o mesmo sobre 2010 e 2010, 2011, 2012, 2013 o mesmoe como todos sabemos a realidade foi terquemente outra moi diferente.
Levamos mais de 6 anos de crises e a xente aínda non sabe por que estamos nesta situación nin as medidas necesarias para reactivar a economía. O cal como puidemos ver en diversas ocasións leva á poboación a crerse cousas-mentiras por parte dos políticos sen facer nin o mais mínimo exercicio de autocrítica ou análise da situación.
Otero Regal.