Asociación de Veciños “O Castro” de Foz celebra o sábado 15 a partir das 20.00 horas na Sala Bahía o tradicional magosto popular que, como vén sendo habitual, fai cada ano por estas datas para convidar ós socios e veciños a que se acheguen a degustar as castañas asadas, chourizos asados, sobremesa, pan, viño, refrescos… Dende a asociación aclaran que “pode acudir todo o que o desexe, non ten por qué ser socio; xa que o que pretendemos é dar a coñecer a asociación e que os veciños saiban que estamos ahí para que nos transmitan as súas queixas, peticións, preguntas… e todo aquilo no que a Asociación poida axudar”.
Magosto Popular na Sala Bahía
Magosto Popular na Sala Bahía
Relacionado
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional
-
Esta fin de semana a Bolera Municipal de Sumoas, Xove, acollerá unha cita deportiva de máximo nivel: o Campionato de España Feminino Iberdrola, nas modalidades individual e por parellas
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba