Ou dos fundamentos da representación cidadá en Ribadeo. Resulta tremendamente curioso leer os comentarios da élite corporativa local sobre o futuro político do noso pobo. Nun momento no que o concepto “asambleario” está inundando os medios de comunicación, nun momento no que o espíritu revolucionario volve a anidar na sociedade, hai unha pugna dialéctica sobre a conveniencia ou inconveniencia para o pobo de aumentar o número da corporación en orde a súa poboación. Imos deixar de lado a discusión sobre as normas establecidas e se estas son ou non son idóneas e deben ou non deben ser cambiadas co curso dos tempos (que é claro que sí), e fixémonos nas declaracións de uns e outros sobre as consecuencias de ser máis de 10.000: para uns con 13 hai suficientes, para outros 7 xa fan o que hai que facer; para este vai supor un custo esaxerado e para aqueloutro non van resolver nada…
Está claro que aumentar a representación cidadá no goberno dun pobo enriquece as posibilidades de evolución positiva, sempre e cando, claro está, cada un deses representantes faga o que ten que facer, e facer o que se debe non depende das ordes do partido ou do que diga aquel ou o outro, senón dunha conciencia clara de responsabilidade de traballo e vontade de progreso, e dunha actitude de comunión e de crítica constructiva que tivemos en Ribadeo desde o 2011, incluso a pesar de que os poderes ideolóxicos de cada partido terciaran para a división e a desunión nos obxectivos comúns.
Ningunear o apoio que para o bo facer social veñen prestando tódolos concelleiros e concelleiras no pazo de Ibáñez, e suliñar o solipsismo de poder como garantía de servizo exitoso supón desdecir os signos dos tempos e augurar un salón convulso e de confrontacións lineais en función da bandeira ou do pendón correspondente. O cambio social debe ser levado a cabo porque supón dar resposta directa á crisis global que trouxeron as estruturas decimonónicas aínda vixentes.
Con sete basta! seguro, e con un tal vez tamén, pero a idea que subxace no cambio político que se aveciña supón dar a posibilidade a máis voces e esas voces terémolas que elixir entre todos, exercendo así o dereito e ó deber de participación inherente á condición de cidadán que, a fin de contas é o principio que non pode ser posto en dúbida.
Manuel Yáñez Dablanca
Concelleiro en Ribadeo.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



