“Polo emprego digno no Sergas”, convocou CIG-Saúde este mércores concentracións de protesta en todas as áreas sanitarias, tamén no Hospital da Costa, onde máis de 150 traballadoras e traballadores esixiron á Consellería de Sanidade que remate coa contratación precaria no SERGAS.
A convocatoria esixía a cobertura de todas as ausencias do persoal de Servizo Galego de Saúde, o correcto emprego da listas Pool e esixe que rematen os contratos por horas e/ou días.
CIG-Saúde reclama ademais que a contratación sexa nominal atendendo ao principio de causalidade; a supresión da taxa de reposición e a convocatoria da Oferta Pública de Emprego ao 100% das prazas sanitarias en todas as categorías.
Todo iso en prol dun emprego digno que repercuta nunha atención sanitaria de calidade para a poboación.