Foz, 27 de xaneiro de 2015. A Biblioteca Municipal de Foz convoca o seu XIV Certame de Poemas de Amor, o máis antigo da comarca. No concurso poderán participar tódalas persoas que o desexen en tres modalidades distintas: nen@s de ata 11 anos, moz@s de 12 a 18 e adult@s de 19 en adiante. O tema dos traballos deberá ser o amor e a extensión máxima dos poemas non deberá superar o tamaño dun folio DIN-A4. O prazo de presentación permanecerá aberto ata o día 24 de febreiro. Os interesados poden entregar xa os seus traballos de forma presencial, na propia Biblioteca Municipal, ou de forma dixital, a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodefoz.es.
Dende a Biblioteca Pública de Foz explican que só se admitirán os poemas que sexan presentados sen ningunha identificación exterior, acompañados dun sobre pechado no que se incluirán os datos persoais de cada concursante: nome, apelidos, dirección completa, teléfono e idade. Ademais, terán preferencia os traballos entregados en galego e admitiranse tanto as poesías escritas a ordenador, como a máquina ou a man (en maiúsculas). Tódolos poemas entregados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Municipal, organismo que se reserva o dereito a facer un uso responsable destes traballos.
O fallo do xurado será anunciado a través da páxina web do Concello de Foz, en Radio Foz, nos medios de comunicación locais e mediante consulta telefónica directa no número 982.14.06.75. A entrega de premios celebrarase o 14 de marzo ás 20:00 horas nun acto que terá lugar na Casa da Cultura de Foz. Os premios que se establecen por categoría son os seguintes: un 1º e 2º recoñecemento dotados con dous lotes de libros e agasallo, para os dous gañadores do Premio Infantil; un 1º premio de 50 euros e cea para o gañador do Premio Xuvenil e outro de 30 euros e cea para o segundo clasificado; e un 1º agasallo consistente en 100 euros e noite de hotel para o gañador do Premio de Adultos, acompañado dun recoñecemento de 60 euros e cea para o segundo clasificado. A participación no certame implica, tal e como recordan dende a propia Biblioteca Municipal, a aceptación das bases do presente concurso.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



