O Consello da Xunta deulle este xoves luz verde ao concurso público que ofrecerá medio millón de metros cadrados de solo industrial propiedade de Xestur con rebaixas de ata o 50 por cento. Esta é a primeira fase do programa de mobilización de ata 2 millóns de metros cadrados de solo industrial incluído na Axenda da Competitividade Industrial Galega (Galicia-Industria 4.0), aprobada polo Consello da Xunta o pasado 27 de novembro, e que ten por obxecto incrementar o peso da industria galega no PIB.
O concurso será convocado o vindeiro día 12 de xaneiro e o prazo para presentar solicitudes será de un mes. Unha vez resolto, as parcelas que non foron adxudicadas por falta de licitadores poderán ser adxudicadas polo mesmo prezo que rexeu no concurso a quen a solicite mediante adxudicación directa.
Este programa contempla rebaixas de ata o 50% para aqueles parques empresariais situados nas Zonas Impulsa -Ourense, Ferrolterra, Lugo e Costa da Morte-, así como para os concellos fronteirizos con Portugal. Ademais, establécese unha rebaixa do 30% no resto de parques, salvo os das áreas urbanas, que contarán cun desconto do 15% -Mos, Ponte Caldelas, Santiago e A Coruña.
Esta medida está acompañada de axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) para as empresas -entre as que se atopan os préstamos Jeremie-Igape previstos no programa operativo Feder Galicia en beneficio de pequenas e medianas empresas e microempresas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional- mantivéronse diversos contactos co IGAPE, estando na actualidade traballando na a sinatura dun acordo entre o IGAPE, Xestur e IGVS, a fin de coordinar as respectivas políticas de fomento da actividade económica no solo.
A implantación desta medida realizarase en dúas fases; unha primeira fase cos solos pertencentes a Xestur S.A. e, posteriormente, no vindeiro mes de marzo de 2015, cos solos do IGVS. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, solicitou a Xestur, S.A., na súa condición de ente instrumental da Xunta de Galicia que ten dentro do seu obxecto social a promoción e xestión do solo empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma, que adopte os acordos oportunos para aplicar estes descontos no prezo do solo empresarial. De conformidade co antes referido, e logo dos oportunos informes e análises dos aspectos económicos, financeiros e xurídicos desta medida, o dia 16 de decembro de 2014 a Xunta Xeral de Xestur S.A. aprobou a aplicación dos seguintes descontos segundo os parques en que se ubican as parcelas:
. Rebaixa do 50% sobre o prezo actual:
Parques de Xinzo de Limia, Pereiro de Aguiar, Central de Transportes, Vilamarín, Ponteceso, Pontedeume, Ortigueira, Cedeira, Carballo, Barreiros, O Corgo, Cervo, Foz, As Gándaras, Guitiriz, Muimenta, Vilalba, Viveiro, Arbo.
. Rebaixa do 30% sobre o prezo actual:
Parques de Arzúa, Melide, Ordes, Boiro, Sigüeiro, Santa Comba, Negreira, Silleda, Lalín.
·Rebaixa do 15% sobre o prezo actual:
Parques de A Sionlla, Reigosa, Mos, na totalidade da superficie dos mencionados parques, Morás (375.497 m2).
A superficie total aproximada con prezos bonificados obxecto deste concurso é de 2 millóns de metros cadrados, sendo esta primeira fase de 500.000 euros.
Obxecto de licitación
En principio, serán obxecto de licitación as parcelas de solo empresarial propiedade de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A., sobre as que non haxa ningún compromiso de venda ou opción de compra, ou outras cargas que impidan o seu alleamento, e que estean suficientemente definidas dende o punto de vista urbanístico e rexistral. A venda das parcelas antes referidas, ten o carácter de venda con publicidade, aberta e incondicional, que se adxudicará ao mellor postor ou oferta máis vantaxosa, de conformidade co previsto nos criterios de preferencia incluídos nas bases do concurso. Poderá solicitarse a compra de parcelas tal como están configuradas no parcelario correspondente, ou ben parcelas cunha superficie e configuración diferente, que puideran resultar, no seu caso, da segregación das parcelas previstas.
Os criterios de adxudicación poderán consultarse nos pregos de bases desta convocatoria.
Ademais de outras de menor importancia, o adquirente obrigase a concluír a edificación proxectada na parcela adquirida e a obter a habilitación correspondente para a primeira actividade no prazo de 3 anos, a contar dende a data de formalización da compravenda.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



