O Consello da Xunta foi informado na súa reunión deste xoves do inicio do proceso de información pública do anteproxecto de decreto do plan de conservación do monumento natural da Praia das Catedrais, en Ribadeo (Lugo). Este proceso de participación pública prolongarase por un período de 45 días hábiles e paralelamente tamén se tramitará o Documento Ambiental Estratéxico (DAE).
O documento presentado ao Consello da Xunta incorpora as primeiras achegas recibidas durante a primeira exposición pública deste instrumento de planificación, que establecerá o réxime de usos e limitacións do espazo protexido. Tras o inicio da tramitación do Plan de conservación do Monumento Natural da Praia das Catedrais, e despois dun primeiro período de participación pública, a Xunta de Galicia completa e mellora o documento preliminar coa finalidade de compatibilizar a protección dos
espazos protexidos co seu uso público e goce por parte da poboación.
Entre as melloras recollidas no documento preliminar, destacan a necesidade de realizar un inventariado de especies exóticas e invasoras e medidas de control e erradicación; a eliminación de gabias e noiros e restauración de zonas degradadas; a revisión da capacidade de carga ecolóxica; o fomento do transporte público, así como a busca de alternativas de novos aparcadoiros fóra do monumento natural. Tamén se solicita a ordenación da cartelería existente, a incorporación da información do “Camiño do Mar”e unha solución alternativa á ordenación da venda ambulante.
A partir desta diagnose previa, fíxase como obxectivo xeral do Plan o mantemento e restablecemento, nun estado de conservación favorable dos valores ambientais que motivaron a declaración do Monumento Natural das Catedrais.
O documento propón as directrices, normas de uso público e actuacións destinadas a acadar os obxectivos previstos, así como un programa de seguimento para valorar o seu grao de consecución ao longo do período de vixencia do plan. A normativa xeral que incorpora o Plan de conservación elaborouse a partir dos obxectivos e criterios orientadores da normativa comunitaria, estatal e autonómica, nomeadamente do Plan director da Rede Natura 2000.
Un dos aspectos máis destacados do Plan é a regulación do acceso público ao monumento natural en períodos de máxima afluencia como a Semana Santa e entre o 15 de xuño ao 15 de setembro, nos que será preciso dispor de autorización do órgano autonómico competente en materia de conservación da natureza. Porén, o cronograma previsto non considera limitar o aforo esta vindeira Semana Santa. Para ese período continuaranse coas medidas postas en marcha o verán pasado con guías especialistas que informen sobre os valores do monumento e sobre as súas presións e ameazas, tentando facer ver aos visitantes a importancia de conservar esta importante mostra do noso patrimonio natural.
En función dos cálculos previos de capacidade de acollida do espazo, estímase que o límite máximo que se estableza será de 4.967 visitantes diarios. Con esta medida preténdese, non só garantir a conservación do monumento natural, senón tamén evitar a estacionalidade da afluencia turística e mellorar as condicións de uso público no espazo.
O efecto máis evidente desta situación é a saturación dos servizos e accesos á praia,pero tamén o risco de degradación dos seus valores ambientais e paisaxísticos e, mesmo, da percepción global do que debe constituír un espazo natural protexido. A aprobación do Plan de conservación das catedrais suporá a regulación do uso público do espazo, facilitando unha mellora das condicións para a visita e difusión dos valores naturais e paisaxísticos do espazo.
Preto de 1,7 millóns de euros para os próximos 10 anos
A Xunta ten definido un total de cinco obxectivos e stratéxicos con medidas concretas que no seu conxunto representan 12 liñas de acción para as que o Goberno galego destinará case 1,7 millóns de euros nos próximos 10 anos.
– Avanzar no coñecemento, nos riscos e nas ameazas con inventariados de hábitats naturais e das especies de flora e fauna silvestre, así como mellorar a información relativa á súa presenza.
– Evitar a perda de biodiversidade, fomentando a conservación de especies, con medidas como o seguimento, control e erradicación de especies exóticas e invasoras.
– Acadar un uso ordenado e compatible, reducindo a presión do uso público no espazo, favorecendo a desestacionalización da demanda, a promoción doutros puntos de interese turístico e implementando un sistema de concesión de autorizacións de acceso ao monumento nos períodos de maior afluencia de visitantes.
– Colaboración interadministrativa para a promoción do turismo sustentable, con melloras paisaxísticas no monumento natural, actuacións coordinadas para a ordenación de accesos e área de apartamento e para a promoción de medios de transporte alternativos.
– Favorecer o compromiso social, fomentar o coñecemento e a implicación social na conservación do monumento natural, mediante a promoción de campañas en coordinación con outras administracións, a comunidade científica e a poboación local.
As actuacións previstas no plan suporán unha xestión máis eficiente dos recursos públicos, ao representar unha planificación das necesidades de conservación do espazo.
No marco das políticas de sustentabilidade, a aprobación do Plan de conservación débese valorar como unha oportunidade de desenvolvemento das actividades económicas vinculadas ao sector turístico, hostalería e de ocio, compatibles coa conservación dos valores ambientais que motivaron a declaración do Monumento Natural das Catedrais.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



