A Sociedade Cultural Ledicia organiza como en anos precedentes a Cabalgata de Reis en Burela, coa colaboración de Acia-Burela e o Concello de Burela.
Sairá ás 19.00 horas da tarde dende a Rúa do Ril, percorrendo as rúas centrais da vila, ata rematar na Praza da Mariña onde está instalado o Belén e as Súas Maxestades recibirán as peticións de nenos e maiores.
Previamente ó percorrido en carroza, os Reis visitarán a Residencia de Maiores onde recollerán os encargos de residentes e traballadores.
Ledicia aproveita esta oportunidade para dar as gracias a todas as persoas que dalgún xeito colaboran co seu traballo, e desexar a todol@s veciñ@s un Feliz 2015.