Foz, 9 de xaneiro de 2015. Os alumnos do módulo de silvicultura da escola obradoiro Pardo de Cela realizan estes días traballos de limpeza nas beiras do río Ouro ao seu paso polo municipio de Foz. Precisamente ata esta zona achegouse este venres o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, para coñecer como avanzan os traballos. O responsable municipal agradeceu persoalmente aos alumnos a labor levada a cabo neste obradoiro formativo organizado de forma conxunta polos concellos de Foz, Mondoñedo, O Valadouro e Alfoz e destacou a boa coordinación que se está a dar entre tódolos responsables da iniciativa.
Javier Castiñeira explicou que “hoxe, aproveitando o bo tempo, decidimos facer unha visita aos alumnos do obradoiro Pardo de Cela, que comparten os concellos de Foz, Mondoñedo, O Valadouro e Alfoz, concretamente ao módulo que está actuando en Foz que é o de silvicultura, formado por 10 persoas: cinco veciños de Foz e cinco de Mondoñedo. O que lles toca no proxecto é limpar as beiras do río Ouro, que realmente necesitaban unha limpeza e a verdade é que é moi meritorio o traballo que están facendo nunha situación bastante complicada, con moita maleza. Os traballos están quedando moi ben e estamos realmente moi contentos. Sobre todo nesta escola obradoiro que compartimos catro concellos o importante é a boa coordinación entre os responsables dos obradoiros e os dos concellos; e a verdade é que está habendo unha moi boa coordinación”.
O alcalde engadiu que “o módulo que afecta a Foz e Mondoñedo comezou a traballar nos últimos meses do ano 2014 en Mondoñedo, actuando sobre varias áreas recreativas, e neste momento está a facelo nas marxes do río Ouro. O outro módulo, que é o de O Valadouro e Alfoz, tamén leva un sistema parecido. Por todo isto estamos contentos do funcionamento e da boa colaboración entre os concellos e a propia escola obradoiro. E proba disto é que os cinco alumnos de Foz participaron tamén, de forma completamente voluntaria, nos preparativos da cabalgata de Reis na vila. Estamos contentos e o Concello está sempre tratando de colaborar ao máximo, prestando todo tipo de medios, vehículos, instalacións e demais. Polo tanto queremos dar os nosos parabéns a tódolos alumnos polo traballo que levan elaborado nestes meses. A seguir así, mentres esperamos que se rematen todos estes traballos.”






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



