08/01/2015.- Despois de comezar o ano 2015 visitando Cordido, Nois e Cangas, o PSOE de Foz, continúa coas Charlas informativas para a presentación do seu candidato á alcaldía Jaime Cancio, mantendo o formato de reunirse coas asociacións de veciños e todos aqueles que o desexen para continuar recadando información sobre as inquedanzas e propostas dos veciños.
Nesta ocasión foi na da parroquia de San Acisclo, onde un importante número de veciños e veciñas presenciaron as intervencións, entre outros, do Secretario Xeral do PSOE de Foz e Deputado Autonómico Xosé Ramón Val e do candidato á alcaldía Xaime Cancio. En palabras de este último: “Foi unha reunión moi constructiva para todos e moi didáctica para o partido socialista. Unha vez máis queda patente que os veciños e veciñas están moi preocupados pola conservación do seu patrimonio, en estado de total abandono nos últimos 3 anos e medio de goberno, do Partido Popular. Expuxeron as súas queixas pola escasa inversión por parte do Concello na súa parroquia, manifestando que a única obra que fixo o grupo de goberno popular, foi instalar 10 metros de canalización para conectar o centro social a rede saneamento. Amosáronse moi preocupados pola esaxerada subida da taxa do IBI que xa lles afectou este ano e pola revisión dos valores catastrais, solicitada voluntariamente polo alcalde, e que lles vai afectar o vindeiro ano, así como por deficiencias no servizo de recollida do lixo ou falta de contedores axeitados a tal fin.”
A Executiva Local do PSOE recolle todas estas valoracións e aportacións dos veciños e estuda xunto co candidato Jaime Cancio a creación dun programa de goberno baseado nas demandas do pobo. Como recoñecen: “un programa verdadeiramente solidario, realista e capaz de corrixir as deficiencias que se dan na actualidade no pobo, tanto a nivel de xestión como de investimentos ou fiscalidade, un programa para gobernar unha maneira diferente mellorando os intereses de todos os veciños e veciñas”.
Cancio asegura que os veciños son moi conscientes da situación que se esta a dar no Concello de Foz, “saben que non están a ser gobernados con cariño e dedicación, botan en falta uns gobernantes activos, traballadores e solidarios co pobo. E podo dicir que dende o PSOE de Foz, estamos en posición de dar todo o mellor de nós para a xente desta gran vila e demostar que outra maneira de gobernar é posible”.
O xoves 8 de xaneiro ás 20.00h a xuntanza terá lugar no Centro Social da parroquia de Santa Cecilia e o vindeiro martes día 13, tamén as 20’00h, na escola do barrio de Forxán.