CADERNOS DA VIAXE. Escrebíamos hai seis meses que estaban a xurdir na Galicia iniciativas cidadás municipalistas que querían artellar novos xeitos de lle dar canle á necesidade de arrombar os vellos xeitos e actitudes á hora de facermos a `política.
A verdade é que, neste eido, ben se pode dicir que os tempos son chegados, ou están xa a chegar. O 31 de marzo convocaranse as eleccións locais e os procesos que non teñan botado corpo vai ser moi difícil que reaxan nas dez de últimas.
Diciamos en agosto que esta caste de iniciativas querían pobo, querían cidadanía, querían votos. U-la fórmula acaída? Dende logo iniciativa cidadá, cunha boa pinga de independencia e de novos xeitos de facermos a política. O que non haberia o desprezo de cadansúas identidades orgánicas e de proxecto dos partidos e demáis axentes sociais que partillaran cadansúa marea ou iniciativa.
Tamén haberían enxergar fórmulas plurais, transversais, inclusivas. Compre, si, inserir na Marea municipal o ecoloxismo, feminismo ou o movemento veciñal operante. Mais, ao mesmo tempo, compre inserir ás clases medias maltratadas pola crise: comerciantes de proximidade, pequenos e medianos empresarios, sectores de tendencia conservadora anoxados coa implacabilidade do PP coa súa propria base social…A Marea quere largura social, quere pluralismo cidadá, quere moita xente e moi distinta.
Velaí a necesidade de construir a oferta programática desta caste de alternativas arredor de dous eixos: de máximos no que atinxe á radicalidade democrática, á transparencia, aos valores cívicos. De mínimos no que atinxe ao común denominador programático: emprego de calidade, Estado do benestar, inclusión e cohesión social. Para pormos un exemplo, a eficiencia enerxética e a loita contra a pobreza enerxética han ser vectores fundamentais desta caste de propostas; o decrecionismo non vai ser un valor común. Compre distinguirmos ben o que une e o que divide.
Esta caste de propostas han ser pensadas para unha cidade e para un país. No caso da Coruña, para pormos un exemplo, a Marea Atlántica ha pensar nun relato propio para a cidade e para a área urbana, inserido nun país chamado Galicia. Aprendamos de todo o mundo, mais nin Galicia é Murcia nin Coruña é Cáceres, Albacete, Madrid nin Barcelona-
Xoán Antón Pérez-Lema

















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



