Ribadeo, 19 de febreiro de 2015.- Nas instalacións do hotel restaurante O Cabazo celebrouse o sorteo dunha noite de aloxamento na súa suite, con botella de cava e almorzo incluídos. Todas as parellas que celebraron San Valentín no Cabazo entraron no devandito sorteo, cubrindo as papeletas facilitadas para ese fin no propio comedor. O afortunado foi Fernando Varela Martínez. A man inocente de Yanet Lombardero foi a encargada de extraer o boleto gañador en presenza dos propietarios do establecemento, Carmen García e Juan López.
No hotel restaurante O Cabazo, de Ribadeo, celébranse dende hoxe e ata o próximo domingo, 22 de febreiro, as segundas xornadas do lacón e os grelos. Os interesados poden facer xa as súas reservas no propio hotel, situado na ribadense rúa Río de Amalló Nº1 ou no teléfono 982 128 517. Os comensais que se acheguen a gozar desta cita poderán saborear un primeiro prato a elixir entre: croquetas de lacón con grelos, revolto de lacón curado, grelos e gambas, pastel de lacón con grelos e puré de pataca ou crema de caldo galego con picatostes; un segundo a escoller entre lacón con grelos e patacas, lacón asado no seu xugo ao forno ou lacón á prancha; sobremesa a elixir entre leite frita, arroz con leite acaramelado ou chulas en leite con redución de canela; viño tinto mencía Joaquín Rebolledo; augas minerais; café e chopos da terra. O prezo é de 20 euros por persoa.