A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e o Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano, mantiveron este martes en Burela un encontro cos participantes en Engurras Tic. Trátase dun dos programas gratuítos que a Deputación ofrece a maiores de 55 anos de toda a provincia co obxectivo de fomentar o envellecemento activo a través do emprego das novas tecnoloxías. Os interesados en participar poden inscribirse a través da páxina http://engurrastic.fundaciontic.org.
Os participantes en Engurras TIC en Burela fixeron fotografías e editáronas con dispositivos tecnolóxicos como smartphones, tablets e ordenadores portátiles. Ademais, compartíronas en redes sociais como Instagram. Agora, as imaxes exporanse no local onde se impartíu o obradoiro, concretamente, no Centro de Formación Ocupacional. As mellores fotos entrarán a formar parte dun concurso, que se resolverá o 27 de febreiro.
A Fonsagrada
Ás 18.00 horas, a Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, e o Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queijo, manterán un encontro con maiores da Residencia Burón, que participarán en Memoria Dixital Tic-Tac, outros dos programas gratuítos sobre as novas tecnoloxías que ofrece a Deputación a lucenses de máis de 55 anos. Consta de 9 talleres, que se desenvolverán ata o 28 de febreiro en todas as comarcas da provincia. Está aberto a asociacións e centros de maiores de todos os Concellos, agás o da capital. Os interesados poden apuntarse no 982 254 666.
Na Fonsagrada, os participantes en Memoria Dixital Tic-Tac farán un rexistro audiovisual da memoria a través de pequenos relatos e anécdotas. Serán entrevistadores ou cámaras, e enviarán o material a través da Internet. Este publicarase, ademais, nunha páxina web para que todo o mundo teña acceso ás historias e recordos de toda unha xeración.
Fondos europeos
Engurras Tic e Memoria Dixital Tic-Tac enmárcanse na programación de actividades para maiores que impulsa a Deputación a través do Centro de Innovación Social Inlugo, financiada nun 80% pola Unión Europea, posto que se inclúe no programa tecnolóxico InnovaTE.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



