Como cada ano, o 2 de febreiro conmemórase o Día mundial dos Humidais. É unha data na que se poñen en primeiro plano estes ecosistemas e os problemas en canto ó seu uso e conservación.
Con este motivo, o vindeiro sábado 7 de febreiro MareMasma organiza unha Ruta de Natureza, interpretación e avistamento de aves na Ría de Foz. “Unha xornada na que colaboramos con varias organizacións e colectivos locais co fin de achegar ó público xeral a coñecer a gran biodiversidade de fauna e flora de Ríaa de Foz nunha xornada ó aire libre”, asegura Carlos Gil.
O estiario alberga interesantes poboacións de aves acuáticas especialmente durante o inverno e o paso migratorio ó outono, unha gran oportunidade para desestacionalizar o turismo na nosa comarca potenciando os seus recursos naturais.
Programa
09.30 horas. Punto de encontro en Foz (fronte á praia de Tupide) e Barreiros (na praza do Concello). Ambos grupos xuntaranse para realizar conxuntamente unha ruta de interpretación na Ría de Foz e da súa diversidade de flora e fauna, con especial interese nas súas aves invernantes (actividade gratuíta).
13.30 horas. Fin da ruta.
14.00 horas. Comida (sopa, cocido e filloas por un prezo de 12 euros) organizada pola “Irmandade Augas Santas Sto. Estevo do Ermo. Barreiros”.
Detalles da Ruta
Distancia: de 3 a 6 km dependendo dos varios puntos visitados da Ría de Foz.
Duración: 4 horas.
Dificultade: Fácil.
Material e servizos proporcionados
Transporte ida e volta (desde Foz), prazas limitadas baixo reserva
Poñemos á túa disposición prismáticos, telescopio terrestre e guías e fichas de identificación de avifauna para que che inicies no mundo da observación de aves (ruta guiada por biólogos e especialistas).
Información e reservas
Para participar na xornada é necesario reservar a través do teléfono 659 167 197 ou do enderezo electrónico carlosgil@maremasma.com.