A Deputación Provincial de Lugo organiza un obradoiro formativo dirixido a responsables de asociacións da provincia sobre a ‘Xestión e uso de redes sociais en Asociacións e Introdución á e-administración’ que terá lugar os vindeiros 11, 12 e 13 de marzo no Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, en horario de 17.00 a 20.00 horas.
Trátase dunha oportunidade única para achegarse a estas novas tecnoloxías da comunicación da man de profesionais de ampla experiencia neste ámbito. Os coñecementos adquiridos neste obradoiro pretenden axudar enormemente a mellorar a comunicación das asociación, co fin de contar o día a día do seu traballo, convocar e difundir noticias, eventos, captar novos membros… Do mesmo xeito, os participantes recibirán un diploma acreditativo pola participación.
Esta formación é moi recomendable para calquera responsable de asociacións da provincia de Lugo, en especial para aqueles que teñan algunha relación co ámbito da comunicación.
Ademais, durante a primeira sesión que terá lugar o vindeiro mércores 11 de marzo, ás 16.30 horas, presentaremos o novo portal para asociacións da provincia que lanzará a Deputación de Lugo ‘Asocialugo’.
Os interesados poden confirmar canto antes a súa asistencia a través do correo rrss.transparencia@deputacionlugo.org ou ben chamando ao 982 808 196.