Entregado o premio do concurso “Un Instagram por amor” aos usuarios da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, que resultaron os gañadores deste certame convocado polo Concello con motivo do Día dos Namorados. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Xuventude, Yolanda Pedreira e a de Servizos Sociais, Pilar Armada, achegáronse ata a residencia para facer entrega do premio. O rexedor destacou a implicación dos usuarios nas actividades que organiza o Concello e animounos a continuar participando e a manterse activos.
