O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, instou este venres a Barreiro a explicar por que o Partido Popular non tumba o anteproxecto de lei que suprime 8 dos 9 partidos xudiciais que existen na provincia de Lugo. Martínez fixo estas declaracións logo de que os populares se negasen a apoiar unha moción no Senado para descartar oficialmente esta iniciativa. “Se ben o PP dice que vai a rectificar as súas políticas ao respecto das taxas xudiciais, por que non fan o mesmo con este anteproxecto? Só o teñen aparcado por intereses electorais”, subliñou.
“Ao igual que Castiñeira no Parlamento galego, que non defende a dotación dos servizos sanitarios en Lugo; Barreiro tampouco defende os intereses dos lucenses no Senado. A parte de estar de turiferarios dos Presidentes, un en Santiago e outro en Madrid, deberían preocuparse algo pola provincia á que representan, posto que os votos que lles permiten estar no Senado e no Parlamento galego son os das veciñas e veciños desta provincia”, remarcou o voceiro.
Martínez destacou que “o proxecto do Partido Popular priva ao 60% dos lucenses dunha xustiza accesible, posto que os obriga a desprazarse a máis dunha hora da súa residencia, co consecuente incremento do gasto. O proxecto do Partido Popular, co que se eliminan os partidos xudiciais de Monforte de Lemos, Sarria, Mondoñedo, Viveiro, Becerreá, A Fonsagrada, Chantada e Vilalba, quedando tan só o de Lugo, favorece o desemprego e o despoboamento demográfico no rural. É un claro desprezo do PP aos lucenses que non residen na capital, a todos os que viven nos Concellos do rural”.