O Durán Maquinaria Lourenzá volveu vencer na décimo novena xornada da Liga. As laurentinas gañaron por 76-49 ante o Cafetería – Cervecería La Biblioteca Innobasket.
As laurentinas continúan, pois, líderes de grupo con 35 puntos e a 5 do segundo e terceiro clasificado: Universidad de Salamanca e Sondeos del Norte Maristas, respectivamente; aínda que ambos suman un partido menos. Aínda así, o Durán Maquinaria Lourenzá mantense con certa marxe despois de perder un único partido no que vai de temporada 2014/2015.
A vindeira xornada, o Durán Maquinaria deberá medirse ó San Isidro o domingo 15 a partir das 18.30 horas.