O PP de Viveiro reunirase cos veciños de Celeiro e Area, este venres 6 de marzo a partires das 20.00 horas na Casa do Forno. A esta reunión están convidados todos os veciños de Celeiro e Area que desexen trasladar suxerencias, ideas ou necesidades que poidan ser incorporadas ó programa electoral das vindeiras eleccións municipais.
Con esta reunión o PP continúa coas reunións que manterá por todas as parroquias do Concello, ao obxecto de saber de primeira man as necesidades reais dos veciños.