15 de abril de 2015.- Na tarde deste mércores 15 de abril, tiven a oportunidade de formular no Pleno do Parlamento de Galicia unha pregunta dirixida á conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, sobre a incidencia que na conserva galega pode ter as importacións procedentes de Filipinas acollidas ao sistema de beneficios arancelarios.
As ideas fundamentais que intentamos transmitir son as seguintes:
Queremos e defendemos diante da Uníon Europea que é imprescindible que se garanta o cumprimento das mesmas normas de competencia a todos os operadores do sector (o chamado “Level playing field”) en relación ás condicións de acceso ao mercado de la UE.
Non estamos en contra de que entren importacións pero si queremos que todas compitan en condicións iguais → co cumprimento de estándares normativos en materias tales como:
Requisitos socio-laborais e de dereitos humanos.
Requisitos Ambientalis, de sostibilidade dos recursos e de loita contra a pesca ilegal.
Requisitos Hixiénico – sanitarios.
Desde o Grupo Popular e desde a propia Xunta pedimos á UE que se realicen rigorosos estudos de impacto:
Que analicen e valoren o efecto que a celebración dun Acordo comercial pode ter na industria de transformación e comercialización de produtos do mar da UE.
Que verifiquen unha existencia de reciprocidade nos Acordos comerciais entre a UE e os Terceiros países cos que se asinan pactos deste tipo.
A propia Xunta confirmou, en resposta a esta pregunta, que se solicitou tamén un seguimento estreito das importacións no mercado da UE dos produtos da pesca orixinarios de Filipinas para que se poñan en marcha os mecanismos existentes no caso de desestabilizamento do mercado da UE. Amais, tamén se demandou unha vixilancia e control do cumprimento por parte de Filipinas das disposicións relativas ao SPG+ (sistema de preferencias arancelarías) principalmente en canto á aplicación efectiva dos convenios internacionais en materia de dereitos humanos e laborais
Por parte do Grupo Popular salientamos que é unha mágoa que a conciencia e o recoñecemento da importancia da industria conserveira non chegue a todos. En todos ámbitos do arco parlamentario e (sobre todo) do parlamento europeo.
É unha mágoa que falle esa conciencia porque algúns eurodeputados españois se posicionaron en contra da nosa conserva e das 12.000 persoas que viven dela directamente en distintas votacións, en concreto:
Mentres a delegación española do Grupo Popular votaba a favor da nosa industria outros votaban en contra ou abstíñanse.
Coma a maioría da delegación española do grupo Socialista → entre eles Juan Francisco López Aguilar, a exresponsable do sector primario Iratxe García e a propia cabeza de lista, Elena Valenciano.
Pero o problema veu con algúns que nos dín aquí unha cousa e despois se absteñen → caso do eurodeputado de Bildu → aliados do BNG (a quen asesora a eurodeputada do BNG e que non sabemos se pactou este voto).
Tamén vimos como algúns sacaron a careta e votaron en contra (coma Pablo Iglesias) ou se abstiveron (coma tres eurodeputados de Podemos) → incoherencia interna e deixamento de funcións de defensa do noso sector.
Isto é o que fan algúns onde teñen capacidade de voto e decisión, esta é a forma que teñen de defender a nosa conserva.
Jose Manuel Balseiro Orol




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



