Santiago, 22 de abril de 2015.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, puxo en valor as xestións desenvolvidas polo ente público Portos de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, para realizar os estudos e tramitacións previas para executar dragaxes nas principais dársenas da Mariña lucense, nomeadamente en varios puntos dos portos de Foz, Ribadeo, Viveiro e Burela.
Así o confirmou este mércores o presidente de Portos de Galicia, Jose Juan Durán, en resposta a preguntas do Grupo Popular na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento galego, a través das que os populares se interesaban polos problemas de perda de calado que se teñen detectado nestas catro instalacións.
AXILIZAR A TRAMITACIÓN PREVIA
Balseiro recoñeceu que acometer as dragaxes que permitirán ganar en calado e operatividade nestas dársenas, para que ofrezan garantías de éxito e permanencia, esixe unha tramitación técnica e administrativa complexa (estudo da situación dos sedimentos, estudo das dinámicas marítimas, autorizacións sectoriais para os puntos de vertido, contratación das obras, execución material das dragas).
Por este motivo, agradeceu os pasos que se levan dado e insistiu na importancia de axilizar estas operacións, como de feito está facendo Portos de Galicia. Ademais, tanto Balseiro como Jose Juan Durán coincidiron na importancia de dar resposta ás necesidades dos usuarios destes catro portos, con especial atención aos problemas que afectan ao sector profesional.
ANÁLISE PORTO POR PORTO
En resposta a preguntas do Grupo Popular, o presidente de Portos de Galicia deu un repaso da situación administrativa na que se atopan estes trámites, en cada un dos portos. No caso de Ribadeo e Viveiro, Durán confirmou que se están a realizar estudos previos que permitan coñecer a realidade exacta da acumulación de sedimentos nos fondos mariños para planificar, en base a estes datos, as actuacións que corresponden.
En Viveiro estanse tramitando en dúas fases as actuacións correspondentes á dragaxe do porto pesqueiro en Celeiro e ás instalacións náutico recreativas desta localidade. En Ribadeo, estanse realizando as batimetrías necesarias para proxectar a dragaxe da canle de acceso e as instalacións náutico deportivas.
Polo que respecta a Burela, a tramitación atópase avanzada, coa autorización xa do punto de vertido e estimación orzamentaria para a actuación. Actualmente está pendente de informe de Capitanía Marítima.
En canto a Foz, o proxecto de dragaxe atópase xa contemplado nos orzamentos do ente público para este ano, que acaban de abrirse. Os servizos técnicos de Portos de Galicia teñen catalogado a actuación como dragaxe e contará cun orzamento inicial de 200.000 euros. Actualmente, a dragaxe atópase en fase de tramitación.
Dentro deste proceso xa está en execución a caracterización do material e restaría posteriormente a autorización dun punto de vertido e solicitude de informes sectoriais ás administracións competentes. En paralelo á execución da caracterización do material estase a elaborar xa o proxecto de obra da dragaxe para acelerar os prazos ao máximo.
“Unha vez superados os trámites preceptivos cos seus prazos regulamentarios, poderían dar comezo os traballos”, asegurou a modo de conclusión o presidente de Portos de Galicia.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



