Un importante número de veciños de Foz, xunto a membros de “Foz, Plataforma de Futuro” trasladáronse este venres co candidato á Alcaldía, Luis Alfonso Sixto Legaspi, ao Ministerio de Fomento para reclamar solucións urxentes e información meridiana ante o lamentable estado da Carretera da Costa.
A petición rexistrada en Fomento por FPF esixe unha información detallada dos plazos de execución das obras na N642 porque estamos seguros que o nerviosismo do Alcalde de Foz responde a que a verdade sae á luz e as obras non estarán listas antes do verán, cousa que él prometeu e que sabe todo o pobo.
A ministra galega; Ana Pastor respondeu negativamente á petición de recibir á comitiva focense que estaba avalada por máis de 900 firmas, e 200 testimonios de usuarios do vial acerca do seu perigoso e lamentable estado.
Levamos meses e meses de burlas do Alcalde de todos os focenses, despreciando como é común en él, o noso traballo diario de concienzación da veciñanza co problema de seguridade que sufrimos todos os usuarios. Non é que él non o soubera, pero o seu sitio está ao lado do seu partido, e logo si eso, con Foz.
Luis Sixto afirmou diante das portas do Ministerio que “hoxe o Alcalde de Foz tiña que estar aquí. A clase política ten que volver á realidade dunha vez por todas, servir con exemplaridade á xente normal, escoitando a súa voz e gobernando por encima de intereses oscuros que atentan e debilitan a democracia”.
Para finalizar, o candidato de “Foz, Plataforma de Futuro” mostrouse tremendamente orgulloso pola marea de xente de todas as idades que está empuxando esta gran ola de ilusión para a política focense, que renovará o taboleiro político traendo un futuro de unidade e prosperidade ao pobo de Foz.