Lourenzá, 1 de abril de 2015. O Concello de Lourenzá organiza unha charla sobre a venda directa de produtos primarios para o xoves 9 deste mes ás 20.00 horas no salón de actos municipal. Correrá a cargo da directora xeral de Produción Agropecuaria da Xunta de Galicia, Patricia Ulloa, e será un paso máis cara a recuperación do Mercado das Prazas, que se celebraba en Vilanova de Lourenzá os domingos e que deixou de facerse hai catro décadas.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que “seguindo co ciclo de charlas que facemos mensualmente o vindeiro xoves 9 ás 20.00 horas celebraremos a do mes de abril. O tema é o decreto da venta directa de produtos agrícolas, que é o 125/2014 de 4 de setembro e regula en Galicia a venta directa dos produtos primarios desde as explotacións aos consumidores. A persoa encargada de explicar este decreto é a directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa. A xente que veña a esta charla poderá aprender que produtos son os que se acollen a este decreto e tamén onde se poden vender, na explotación e nos mercados. E neste segundo caso cales son os requisitos que debe cumprir o produtor para estar dentro da lei á hora de vender”.
A rexedora destacou que “en Lourenzá estamos traballando para sacar un prego de condicións para recuperar o Mercado das Prazas, que había antigamente os domingos. Vai ir encamiñado precisamente a este tipo de produtos, a excedentes de explotacións e á xente que se dedica á venda de produtos da horta e outros como mel, ovos ou incluso artesanía feita polo propio vendedor. Polo tanto animamos á xente que non saiba en que consiste este decreto da venta directa a que veña a esta charla no salón de actos da Casa do Concello, porque é fácil poder vender estes excedentes e cremos que desta maneira vai quedar claro e será como un punto de partida para que veciños do noso concello opten aos postos que vamos ofertar para o Mercados das Prazas”.




















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



