O Vicedo, 23 de abril de 2015.- O Bloque Nacionalista Galego – Asembleas Abertas do Vicedo presentará a candidatura completa que concorrerá as eleccións municipais do vindeiro 24 de maio. O evento aberto a todos os veciños e persoas interesadas, terá lugar o venres dia 24 de abril na Bodeguita del Puerto ás 20:00h, local hostaleiro situado no porto do Vicedo.
O acto de presentación pretende ser unha cita aberta, no que ademais de presentar a todos os integrantes da candidatura, sexa tamén un lugar no que os veciños podan facer achegas para un proxecto integrador e mostrar as súas preocupacións sobre os problemas que afectan ó concello.
A ben de facilitar isto ultimo, o BNG-AA convida a que toda a veciñanza se achegarse a coñecer as persoas que conforman a candidatura, mentres degustan uns viños e cervexas do país acompañados de produtos típicos do concello.
A candidatura completa do BNG-AA está composta polos seguintes veciños:
1. ADRIÁN PIÑÓN DOMÍNGUEZ
2. INMACULADA GARCÍA ESCOURIDO
3. CARLOS PENA FERNÁNDEZ
4. ALICIA YAÑEZ PUENTES
5. JAIME BALTAR INFANTE
6. MARÍA JESÚS POLO PIGUEIRAS
7. BENIGNO FRANCO BLANCO
8. MARÍA SUSANA RIVEIRA FERNÁNDEZ
9. JUÁN CARLOS BOUZA CASANOVA
Suplentes
1. JOSÉ RIVEIRA FERNÁNDEZ
2. MODESTO LÓPEZ PENA