Ribadeo, 27 de maio de 2015.- En Ribadeo da comezo a segunda parte do programa Ribadeo medra contigo, que estará destinada a dinamizar e impulsar as pequenas empresas e a mellorar a xestión do seu negocio. Esta segunda fase está composta de tres módulos: xestión administrativa, márketing e marca persoal. O módulo de xestión administrativa será os días 9, 10 e 11 de xuño. A inscrición xa está aberta no Concello.
A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez, dixo que “queremos iniciar a segunda parte deste Ribadeo medra contigo, na que queremos axudar a dinamizar e a impulsar as pequenas empresas e os comercios que estean establecidos dentro do noso territorio. Tamén a esas persoas que están decididas, nestes momentos tan complexos, a emprender. Para iso queremos axudar e poñer en marcha este programa que lles permita aos que xa están traballando nos comercios e nas pequenas empresas mellorar a xestión do seu negocio e axudar tamén a estes novos emprendedores a coñecer como pode ser ese novo negocio, as necesidades que poden ter dentro do que é a xestión administrativa, de márketing, da marca persoal nese novo negocio que poidan estar decididos a emprender”.
A edil nacionalista explicou que “a segunda fase deste Ribadeo medra contigo, que é o programa de impulso ás empresas, contará con 75 horas, que van estar divididas tanto de forma presencial, con asesoramento ás persoas que queiran participar neste curso, atendendo tamén as necesidades individuais de cada un deles. Dividirase en tres módulos: está por un lado o de xestión administrativa dun negocio, os problemas cos que moitas veces nos atopamos á hora de arrancar o noso negocio ou a problemática que día a día temos que ir combinando co propio traballo que poida haber nun comercio ou nunha pequena empresa, e que ás veces se nos desborda. Esta é a idea para este módulo de xestión administrativa, que é para aprender a xestionar a empresa no día a día. Constará de 12 horas presenciais máis asesoramento individualizado e terá lugar os días 9, 10 e 11 de xuño cun horario adaptado tamén a esas persoas que están traballando. Entendemos que o horario máis axeitado, porque así nolo comunicaron, vai ser de 14 a 16 horas e de 20 a 22 horas”.
Martínez contou que “a segunda parte deste plan será o módulo de márketing, no que se tocará márketing, socialmedia e web para o negocio. Terase en conta a posibilidade de crear campañas de divulgación do noso negocio, do noso comercio, as formas de facelo, as ferramentas, … Temos que ter en conta que coas novas tecnoloxías moitas veces un veciño que vive enriba do noso comercio está mercando por internet porque non coñece que debaixo ten o mesmo produto e quizá ao mesmo prezo. Para igualarnos tamén nese mundo dixital queremos traballar coas nosas empresas. E para iso dedicaremos 15 horas de asesoramento presencial e logo tamén individualizado. Terá lugar os días 22, 23, 24 e 29 de xuño tamén no horario de 14 a 16 e de 20 a 22”.
E engadiu: “e logo xa cara a despois do verán, para non meternos na campaña máis dura de traballo no noso concello, teremos o módulo de branding da túa empresa; o que é a marca persoal do emprendedor. Constará de 8 horas e de asesoramento individualizado. Será os días 7 e 8 de outubro”.
A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo subliñou que “a xente que estea interesada en incorporarse a este programa que eu entendo que é bastante interesante, tanto a nivel de negocio como de pequena empresa ou de emprendedor, que se poña en contacto coa Área de Desenvolvemento Local e Turismo do Concello de Ribadeo, a través do correo electrónico adl@ribadeo.org ou ben chamando ao teléfono do concello 982.128.650”.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



