O Vicedo, 15 de maio de 2015.- Dende o BNG-AA do Vicedo, queremos manifestar a nosa sorpresa e rexeitamento ás expectativas creadas por parte da confraría do Vicedo a respecto da publicación dun comunicado asinado pola patrona maior, no que se recolle un curso de mariscadora e a oferta de 5 postos de traballo para este ano 2015 na zona de explotación dependente da confraría do Vicedo.
Segundo fontes da Consellería do Medio Rural e do Mar, con delegación en Celeiro (Viveiro) non existen vacantes nin ampliacións dos PERMEX con respecto ó marisqueo a pé para esta confraría, entrando isto en contradición co anuncio mencionado.
Dende o Bloque Nacionalista Galego, non podemos menos que calificar de estafa ós veciños, creando expectativas de emprego onde e obvio e público que non existe esa posibilidade coas disposición legais vixentes, xa que no plan de explotación do presente ano, non se recollen semellantes postos de mariscadora para o Vicedo. Salvo que dende esta agrupación se teña información privilexiada de posibles cambios no citado plan, dado o ano electoral no que vivimos.
O candidato do BNG, Adrián Piñón Domínguez manifestou que anuncios coma este, son unha tomadura de pelo para a xente mais necesitada, xogando co pan dos mais desfavorecidos co un único interese electoral.
http://empregovicedo.blogspot.com.es/2015/04/curso-de-mariscadora-convocado-pola.html