Foz, 7 de maio de 2015.- O próximo domingo, 10 de maio, o Club Kayak de Foz desprazarase ao encoro de Trasona, en Avilesino, para participar no II Campionato de España Infantil de piragüismo na distancia de 3000 metros.
Máis de 380 padexeiros procedentes de clubs de toda España daranse cita no encoro asturiano para dilucidar os que serán os novos Campións de España da presente tempada 2015. Ademais dos 4 padexeiros que representarán ao club Kayak de Foz, outros 7 rapaces e rapazas do Altruán de Ribadeo, CD San Cibrao e dos dous clubs de Lugo, o Fluvial e o Cidade de Lugo compoñerán a representación lucense neste Campionato de España.
A cita, organizada pola Real Federación Española de Piragüismo, é talismán para o Club Kayak de Foz pois nestas mesmas instalacións, hai un ano, Xoel García Neira se alzaba co título de Campión de España Infantil B nos 3000 metros.
A primeira saída, ás 9:30 horas, será para as Mulleres Infantil B K1 e na que o Kayak estará representado por: PAOLA GARCÍA NEIRA, número 31 e NAILA GARCÍA NEIRA co número 39.
Tras un in-pass dunha hora na que se disputarán as regatas correspondentes ás rapazas infantís C1, ás 10:30 será a quenda dos Homes Infantil B K1, regata na que o Club Kaiak estará representado por FRANCISCO LOURO PACIOS, co número 131.
A última participación do Kayak de Foz será ás 12:30 horas na regata estrela do día, a de Hombres Infantil A K1. Nesta regata participará o padexeiro XOEL GARCÍA NEIRA, co número número 283.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
