Barreiros, 7 de maio de 2015.- O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros organiza este sábado no Centro Sociocultural de San Cosme un Obradoiro expres de portugués co obxectivo de fornecer de ferramentas para poder falar e escribir en portugués a partir do idioma galego e concienciar á poboación das posibilidades que se abren aos galegos e galegas a través dos países da Lusofonía.
Aproveitando o mes de maio, no que se celebra o Día das Letras Galegas, o colectivo cultural barreirense pretende “poñer en valor o noso idioma e demostrar a súa utilidade, xa que a través do galego ábrensenos moitas posibilidades, posto que podemos entendernos con 280 millóns de persoas en todo o mundo”, explica a presidenta de Ollomao, Tamara Rubiños.
Con este obxectivo, Ollomao organiza un obradoiro intensivo de dúas horas de duración que comezará ás 7 da tarde e que posibilitará aos asistentes coñecer as principais claves e ferramentas necesarias para escribir e falar portugués a partir do idioma galego. Este obradoiro de portugués simple está dirixido á poboación en xeral e a nenos e nenas a partir de 12 anos.
Será impartido por profesores da Asociación Galega da Lingua (AGAL) que promove a interacción de Galicia co mundo da lusofonía. O obradoiro está deseñado dun xeito moi ameno, usando como materiais recursos como música ou audiovisuais.
As persoas interesadas en participar neste obradoiro poden apuntarse mandando un email a colectivo.cultural.ollomao@gmail.com ou chamando ao teléfono 650542932.
O portugués, sexta lingua máis falada no mundo
Actualmente o portugués é a sexta lingua máis falada no mundo, oficial en 4 continentes e 8 países, sendo algúns deles, como Brasil, potencias emerxentes neste momento. “O mundo de fala portuguesa, a lusofonía, é neste momento unha oportunidade, e o galego é unha entrada privilexiada para acceder a ese mundo, unha verdadeira vantaxe competitiva que temos os galegos e galegas e que temos que saber aproveitar”, afirma Tamara Rubiños.
O portugués é a lingua principal de Portugal, Brasil, Angola, Guinea-Bissau, Mozambique, Cabo Verde, Santo Tomé e Príncipe e Timor Oriental. Todos eses países conforman a Comunidade de Países da Lingua Portuguesa.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



