Barreiros, 3 de agosto de 2015.- Vadim Yukhnevich e Abraham Cupeiro encheron de ritmo e de arte os xardíns do Eido Dourado na noite deste domingo. Alí presentaron o seu traballo Compromiscuo, unha mestura de sons balcánicos coa tradición celta. Os asistentes puideron gozar de instrumentos casi desaparecidos como é o caso do carnyx. O concerto enmarcouse dentro da programación cultural prevista para este verán polo Eido Dourado, sito a carón da praia barreirense de A Pasada.
