11 de setembro de 2015.- Comezamos un novo curso escolar xa en infantil e primaria, e pronto habemos comezalo en secundaria e bacharelato; coma ven sendo cotián nos últimos anos, o principal problema deste comezo de curso é a insuficiente dotación de profesorado, que provoca rateos en moitísimas ocasións por riba do establecido legalmente, que provoca desatención para as necesidades especiais e que impide ese punto de atención suplementaria que faría que moitos dos nosos alumnos e alumnas se incorporasen con normalidade ao ritmo dos seus compañeiros e compañeiras, no canto de ser suxeitos fáciles do fracaso escolar.
Porén, hoxe quixeramos facer fincapé en dúas cuestións que, malia ser moi diferentes, constitúen, por urxentes e localizadas, unha problemática que podería ter unha moi doada solución:
1. A desatención na que se atopan as familias que só agora en setembro coñecen que os seus fillos e fillas pasaron ao curso seguinte, á hora de participar nos “bancos de libros” organizados pola administración educativa. Estas familias non presentaron as solicitudes correspondentes a finais do pasado curso ao non coñecer con claridade cal ía ser o nivel no que se atoparían os seus fillos e fillas neste curso que comeza, e agora atópanse en situación de desigualdade fronte a aqueles que si puideron facelo. A apertura puntual de novos prazos de solicitude podería solucionar esta situación dun xeito doado e sinxelo.
Non podemos deixar de dicir que esta problemática non existiría se a Xunta de Galicia, tal e como demandamos toda a comunidade educativa, volvera ao sistema de préstamo universal e gratuíto de libros de texto, e fornecera aos colexios públicos do material escolar, xenérico e específico, que precisaran para o seu alumnado; sen entorpecer a xestión docente con insuficientes e caóticos procedementos de axuda parcial que non garanten nin sequera minimamente o dereito constitucional a un ensino obrigatorio gratuíto.
2. O tratamento da materia de relixión no Bacharelato: ao ser a única materia de oferta obrigatoria dentro do grupo das específicas que ten unha duración dunha hora lectiva, atopámonos que en moitos casos constitúe a única opción aritmeticamente posible para acadar as seis ou oito horas que deben sumar o total destas materias. Resulta incoherente que a única materia que implica unha opción ideolóxica na súa escolla non teña por lei a obriga de estar complementada con outra, ou outras, que teñan a mesma carga horaria para favorecer a liberdade do alumnado á hora de crear o seu propio currículo.
Demandamos polo tanto que en todos os centros de Secundaria existan abondas materias específicas con duración dunha hora como para que en ningún caso un alumno se vexa forzado a escoller ningunha opción en concreto.
Pronto seguiremos a falar deste comezo de curso e da pretensión das autoridades educativas de consolidar as desfeitas realizadas nos últimos anos, coa falsa escusa da crise económica, no noso Ensino Público Galego.





















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



