Ribadeo, 11 de setembro de 2015.- Este sábado a partir das 18 horas comeza a II Media Maratón entre a vila de Ribadeo e a praia das Catedrais, unha carreira para a que xa hai inscritas 767 persoas. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que é un evento que se internacionaliza e destaca, ademais do alto nivel dos corredores, a interesante paisaxe que atravesa pola vila e as parroquias de Ribadeo, ata o areal de Augas Santas. Ademais este ano un equipo de 10 fisioterapeutas prestará atención a quen o precise ao final da proba.
O rexedor contou que “está todo preparado para esta segunda maratón entre Ribadeo e As Catedrais, esta proba durísima de máis de 21 quilómetros que o ano pasado se fixo por primeira vez, cun éxito importantísimo. Ao final acabaron correndo máis de 600 persoas, 641. Para este ano, como todo o que pasa aquí en Ribadeo sempre vai a máis, van xa inscritas 767, que mañá van dar o mellor de si mesmas nunha carreira cun fondo deportivo enorme, dun esforzo enorme, pero tamén reivindicativo do medio natural polo que pasa, da natureza, da paisaxe, do litoral tan fermoso que temos en Ribadeo, que tamén é un recurso turístico e económico de primeira magnitude, a xulgar pola cantidade de xente que vai correr e que vén doutras latitudes”.
Suárez Barcia manifestou: “poderíamos falar dunha carreira internacional, porque hai xente que vén de Polonia, Reino Unido, Portugal, non soamente os galegos ou mesmo asturianos ou madrileños que o ano pasado participaron. Esta carreira está irradiando unha participación enorme, a verdade é que para facela hai que estar moi en forma porque é unha carreira moi dura, pero penso que pagan a pena os lugares por onde pasa, empezando aquí na vila, seguindo polas parroquias, por Piñeira, Vilaselán, Vilaframil, Rinlo e rematando na Devesa, como non, na praia máis internacional, que é a praia das Catedrais, a nosa praia, a praia ribadense das Catedrais”.
O alcalde de Ribadeo agradeceu a todos os colaboradores a súa axuda: “quero agradecer a colaboración inestimable tanto do Eroski Center, como do Gadis, que nos axudan de maneira desinteresada para facilitarnos alimentos tanto líquidos como sólidos para os corredores, durante carreira e tamén ao finalizar. Debemos dicir tamén que o éxito do ano pasado foi dado a que houbo practicamente un cento de voluntarios que estiveron nos cruces, nos avituallamentos, durante a carreira. Contamos novamente con eles este ano, coa novidade de que imos contar tamén co Colexio de Fisioterapeutas da Universidade da Coruña, que vai traer unhas dez persoas para que boten unha man ao final, porque hai xente que vén moi cargada das pernas, de tanto esforzo, de tanto sacrificio”.
Suárez invita a todo o mundo a achegarse e gozar do espectáculo que tamén supón a maratón: “a partir das seis da tarde, aquí vai ser unha festa, poderemos ver centos e centos de corredores, primeiro dando unhas voltas por aquí pola parte urbana e logo xa meténdose no litoral. E o remate na praia máis internacional que temos, a de Augas Santas ou As Catedrais”.





















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
